sábado, 1 de marzo de 2008

Sabariz xa enchufou no concello á súa cuñada

A Asamblea Local do BNG de Pontecesures denuncia a hipocresía do goberno tripartito en relación ás últimas contratacións de persoal no concello.

Vemos claramente as prebendas do pacto de goberno do 16 de xuño, por unha banda o salario que se autoatribuiron a alcaldesa e o responsable do PP e faltaba a contrapartida ao Sr. Sabariz e así na contratación do 27 de setembro de 2007 dun/dunha conserxe se contrata a unha familiar directa do mesmo ( a súa cuñada), quen nin siquera vive en Pontecesures.

O BNG pregúntase ¿acaso non hai xente neste pobo tan preparada e máis necesitada para este posto, que temos que ir a buscar ao veciño concello de Padrón á cuñada deste señor?

Nos sorprende que despois da oposición enfermiza do Sr. Sabariz no derradeiro ano e medio con respecto, sobre todo, ás contratacións, teña a caradura e desfachatez de “enchufar” á súa cuñada.

Durante os oito anos de mandato do BNG, cantos familiares directos de concelleiros do BNG entraron a traballar no concello? A resposta é CERO. Si entrou, sen embargo, esta mesma cuñada de Sabariz.

Dedúcese pois que Sabariz utiliza aos seus socios de goberno para colocar aos seus familiares e se amparam en tribunais de selección para xustificarse e falar de transparencia.

Agora SI que neste concello existe o nepotismo, e o clientelismo

Consello Local do BNG de Pontecesures
Powered By Blogger