sábado, 1 de marzo de 2008

Mutilación da guía turística


O BNG de Pontecesures quere denunciar uns feitos que, a noso parecer, son moi graves xa que afectan a unha publicación que editou o concello no mes de abril.

Estos días pasados tivemos coñecemento de que a guía turística de Pontecesures foi mutilada adrede polo equipo de goberno do concello de Pontecesures..

Ollando as guias que están nas oficinas municipais (un bo lote) detectamos que as páxinas 4 e 5 da guía foron eliminadas físicamente. Curiosamente trátase da páxina na que está a fotografía do exAlcalde Alvarez Angueira.

Esta páxina foi cortada de forma coidadosa donde apenas se percibe o corte, posiblemente feito cun “cuter”.

Ao BNG cónstanos que esta orde foi dada pola alcaldesa Maribel Castro e ante traballadores do concello.

Por si esto fose pouco, na páxina web oficial do concello, dende onde se pode “descargar” a guía turística, para visualízala a través de internet, ou incluso imprimila, tamén aquí foi mutilada a páxina onde aparece a fotografía do exAlcalde co seu saúdo, substituíuse polo da actual alcaldesa e outro discurso distinto, non coincidindo así a guía descargada coa realmente editada, cunha intención, non só de manipular senón tamén de darlle protagonismo á Alcaldesa que non era tal no momento de editasrse a guía.

Tanto a guía turística de Pontecesures como a páxina web ofical do concello foron subvencionadas pola Dirección Xeral de Turismo, organismo ao que poñeremos en coñcemento esta barbaridade cometida polo equipo gobernante de Pontecesures.

Tamén nos consta que foi a Sra. Alcaldesa quen deu a orde de modificar a guía “colgada” na páxina web ofical do concello.

O BNG exíse explicacións deste tipo de comportamentos que teñen unha clara intención de “eliminar” todo aquillo que fose feito polo equipo de goberno anterior, sen ter reparos en cortar follas dunha publicación na que aparece a fotografía do anterior Alcalde.

Preguntamos tamén se os membros do goberno, PP e os non adscritos, eran coñecedores destas mutilacións. Si o eran, ¿Por qué calaron? Ou si eran cómplices activos das ordes da Alcaldesa.

Resulta moi decepcionante que un goberno municipal actúe censurando, cortando, eliminado cousas que fixeron os anteriores. Isto é moi burdo e zafio, propio de ignorantes e propio tamén de tempos onde o que non é do réxime queimase.

O goberno do BNG sempre foi respetuoso coas publicacións de alcaldes anteriores, como no caso do libre “Historia de Pontecesures” de José Piñeiro Ares, que tamén tiña fotografía do Alcalde naquel momento. O BNG nos oito anos de goberno fixo difusión deste libro como patrimonio do concello por ser referente do coñecemento do noso pobo.

Podemos entender que a Sra. Alcaldesa estea obsesionada co ex alcalde pero non ata o extremo de facer este tipo de barbaridades o que demostra o pouco talante e o pouco nivel de formación.
Powered By Blogger