Hai uns días se recibiron nos domicilios notas asinadas pola alcaldía, con recomendacións en materia de lixo, práctica que nos parece ben, pero non figuran referencias de ningún tipo á recollida de aceite doméstico, ¿é que non se pensa continuar e potenciar este servizo de recollida de aceite doméstico usado?
Este concelleiro que lle fala solicitou verbalmente a finais de decembro do ano pasado información sobre os gastos e ingresos da gardería dos anos 2006 e 2007. Se me dixo por parte do persoal encargado do asunto que voltase a collelos ao día seguinte. Así o fago e se me di que, por instruccións da Sra. Alcaldesa se quero eses datos os pida por escrito. Así o fago mediante escrito entregado con data 29 de decembro de 2007.
Hoxe é o 28 de xaneiro de 2008 e non se me deron esos datos a pesares de vir polo concello alomenos nun par de ocasións a preguntar por eles.
¿Cree vostede que esa é una forma correcta de actuar pola súa parte, cando en menos de 5 minutos se poden ofrecer os mesmos?
Despois das críticas recibidas ata agora polo Sr.Sabariz sobre a tardanza do anterior goberno en deixarlle consultar os expedientes, actúan agora vostedes así.
¿Vanse finalmente a aportar os datos requeridos?
¿Porqué non se fixo a campaña de potenciación da lingua galega no Nadal do 2007 como se viña facendo nos anos anteriores?
Na zona do peirao, xunto ao parque infantil que está ao lado do Club Náutico, hai persoas que teñen cans e. ao defecar, quedan os excrementos esparcidos polo chan. Prégase que se extreme a vixilancia para solucionar este problema de saúde.
¿Onde se van ubicar as dúas áreas recreativas que concede a Deputación? ¿Cal é a achega municipal para estes investimentos?
No último temporal parece que caeu unha árbore no lugar de Fenteira que impedía o paso dos vehículos, ¿actuou o concello na retirada ou ben se lle dixo á Comunidade de Montes que o tiñan que retirar eles?
¿Ten pensado o concello contratar a unha persoa como educadora familiar, tendo en conta que a actual traballadora social desenvolvía antes ese posto e agora ninguén se ocupa desas funcións?
Pídese que sexan retiradas unhas persianas que están depositadas a carón dos contenedores de lixo da rúa Sagasta e xa levan alí algún tempo dando unha imaxe mala para o pobo.
¿Hai alguna orde dictada á Policía Local para avisar aos propietarios de vehículos estacionados pola noite nas rúas? Isto ten que ser así pois a algún veciño lle deron unha chamada de atención porque o seu coche “durme” na rúa
Antes do Nadal enviaronse cartas aos empresarios solicitando donativos para as actividades organizadas en ditas datas. ¿Cánto se recaudou e canto se gastou? ¿Tivo que poñer o concello alguna achega?
O sábado 19 de xaneiro, subindo pola pista de Condide, circulaba un tractor, con escombros, enseres e lixo, conducido por un veciño para depositalos na pista da Barosa, o que nos parece mal, pero o máis grave e que lle axudaba a depositar alí o material un empregado municipal.
¿Tiña vostede coñecemento destes feitos?
Móstranse ao pleno fotografías do vertedoiro ilegal e solicítase que se extreme a vixilancia para evitar máis acumulación de lixo e escombro na zona.