domingo, 31 de mayo de 2009

Así foi o pleno de maio

Valoración do BNG sobre o acontecido no pleno ordinario do luns 25 de maio de 2009.

O BNG de Pontecesures fai as seguintes valoracións:

1ª En relación coas mocións apresentadas polo BNG. sinalar que, unha e outra vez que o BNG apresenta mocións para a súa aprobación , ás cales o equipo de desgoberno ve moi difícil votar en contra, este usa a estratexia de apresentar mocións alternativas ou enmendas á totalidade, como nesta ocasión, variando un pouco as peticións do BNG e só para non dar por boa a inciativa do noso grupo intentado ocultar así a súa falla de inciativa en temas como os tratados.. O BNG lamenta esta actitude pero aínda así e pese a elo, o noso grupo municipal votou afirmativamente aos cambios introducidos, pois o que se pretendía era por un lado a retirada por parte da Igrexa dos símbolos franquistas e relacionados coa guerra civil que figuran na fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, e por outro deixar plasmada a actitude de Pontecesures en contra da producción de cultivos tranxénicos.

2ª. En relación coa proposta do tripartito acerca da modificación feita no IBI, o BNG mostrouse a favor de subirlle o IBI á autopista ao tipo máximo que permite a lei, pero manifestou que lle sorprendía o silencio mostrado unha vez máis polo PP do Sr. Randulfe, que intenta pasar desapercibido sobre as cuestións de impostos, cando hai dous anos a súa principal promesa electoral foi a baixada de impostos para os veciños e veciñas, e o único que fixo foi, pola contra crear impostos novos “apretando” máis aos cesureños.

3ª. No apartado de rogos e preguntas, estas xiraron fundamentalmente sobre cinco asuntos, como forn a festa da lamprea, a feira do automóbil,o alumeado público, a tala de árbores do centro do pobo e a organización do entroido, amén de outras preguntas sobre arranxos e propostas de obras.

-Festa da lamprea: O BNG lamenta a actitude deste “desgoberno” en relación coa compra das lampreas e cos “Valeiros” pois encargóulle esta únicamente a dúas persoas sen ofertarlle a posibilidade ao conxunto dos valeiros e máximo cando este ano foi un ano de lampreas..

Os mesmos integrantes do equipo de goberno do PP e Sabariz puxeron en dúbida a procedencia das lampreas desta edición, mentras polo PP se decía que todas as lampreas procedían do Ulla, o tránsfuga afirmaba que él non sabía de onde eran as lampreas. A acaldesa nin sabe nin responde e é de coñecemento de todo o pobo que as lampreas non eran siquera galegas.

Así o tripartito admitíu que non se falou cos valeiros, que tiñan que ser estos os que foran a ofrecerllas si querían, e o que é peor, desprezaron públicamente a este colectivo do noso pobo, sinalando que non lle importaba esta festa, que non colaboraban con ela e que preferían “quedar na cama ese dia”, en palabras do tránsfuga Sabariz. Esta actitude do tripartito contra os valeiros parécenos totalmente inadmisible.

-Feira do automóbil: No pleno quedou constatada a nula implicación do desgoberno municipal coa feira de automóbil Fegaclasic. Non só coas respostas dadas aos concelleiros do BNG no turno de preguntas senón no propio informe que leu a alcaldesa das actuacions desta para coa asociación cultural “Mirándolle os dentes” dende o mes de xaneiro ata a propia feira, informe que no seu conxunto mostra con rotunda claridade a cantidade de obstáculos e trabas burocráticas que se lle impuxeron á organización cultural formada por veciños de Pontecesures. O seu desexo foi claramente que a feira fracasara.

Non contestaron, razoadamente nin cun mínimo de seriedade, porque dende o concello non se fixo aportación económica algunha á feira, só se lles ocorreu dicir que xa puxeron os municipais a traballar esos días e eso custou cartos en horas extraordinarias (como si non tiveran aos municipais a traballar esos días nos actos que celebraron na prazuela o sábado e o domingo con motivo das letras galegas). A alcaldesa minteu ao afirmar que todos os anos se celebraban actos das letras galegas o sábado e mailo domingo, cando é a primeira vez que no domingo se celebra algún acto, curiosamente para ter desculpas para que os organizadores da feira non poideran usar a prazuela. Todo foron obstáculos e trabas boicoteando a feira: baños, cortes de tráfico, etc

A mesma Maribel Castro, nun acto de cinismo e mala educación comeza o seu informe de presidencia felicitando aos grupos que participaron no festival das letras galegas e nin unha soa mención á asociación cultural “Mirándolle os dentes”. Ante a pregunta, de porque non actuou nesta ocasión coa representación institucional que obstenta asistindo a algún dos actos da Feira, é á que foi invitada formalmente, resposta que “non sabía que tiña que facer alí e que tiña cousas máis importantes que facer e que non ten porque dicilas aquí e que xa mandou a un concelleiro que fora por alí”, mostrando deste xeito un aboluto desprezo á asociación, aos veciños que a compoñen, á feira e ao que supón de prestixio para Pontecesures e a todos os veciños en xeral.

O Grupo Municipal do BNG manifestou a vergoña axena que supoñen estas actitudes de todo o equipo (do PP de Randulfe, do tránsfuga e máis da alcaldesa Maribel Castro) para cun evento tan importante para este pobo como xa é Fegaclasic. Tremendamente lamentable antepoñendo intereses propios e ánimos revanchistas co interés de todo o pobo.

Alumeado público.
Voltouse a preguntar polos permisos aos veciños para colocar o alumeado público nas rúas centrais do pobo, contestando o Sr. Randulfe (prácticamente non tiña intervido em todo o pleno e para como o fixo mellor que seguira calado) que si se lle habían pedido permiso aos propietarios de todas as vivendas onde se instalaron as catenarias, citando o grupo municipal do BNG toda unha serie de edifícios onde con total seguridade se colocaron tales sen a mínima consideración de falar cos seus propietarios, deixando ao concelleiro do PP como um “mentireiro” unha vez mais. A xuízo do BNG este tipo de alumeado non é o idóneo para este pobo, non só estéticamente (poden considerarse auténticas “bacenillas colgantes”) que cun pouco de vento non farán outra cousa que meter ruido, senón que mais cableado polas paredes e atravesando a rua de parte a parte amosan unha imaxe do pobo que non nos gusta em absoluto.
Dende o BNG pedimos que se proceda ao soterrado do cableado (telefônica, electricidade, etc) pois é o que se está a facer em todas partes.

Organización do entroido
Despois da deficiente e nefasta organización do entroido neste ano, na que a Sra. Alcaldesa se repartiu os premios para si misma, e de diferentes categorias, o BNG preguntou porque se estaba a “marear” aos pais dunha parella que resultando cun premio no concurso de disfraces, a dia de hoxe ainda non se lle dou este. ¿Como é posible que lle outorguen um premio e logo non se lle entregue porque según o “desgoberno municipal” o premio xa llo deron a outros e agora non saben a quen foi?. A que altura de esperpento chega a actuación da Sra. Alcaldesa e dos seus socios, que fan ir polo concello aos pais dos afectados xa em tres ocasións e inda hoxe non recibiron tal premio, figurando como merecedor del na páxina web ofical do concello de Pontecesures. A resposta, ante a evidencia dos feitos, non foi outra que se intentará facer mellor para a próxima e xá está.

Tala de árbores xunto ao monumento ao Coche de Pedra. O BNG preguntou porque se habían talado as árbores nesa zona, se a política deste desgoberno era talar árbores e sustituir por cemento. Previamente, nos informes de presidencia, por primeira vez, a Sra. alcaldesa delegou este tema no tránsfuga (debe ser que ela non tiña estudiado o asunto) e este leu um amplísimo dossier, que o único interesante que viña a decir era que as árbores estaban em fase de senescencia, é dicir que ian indo para vellas, e que aconsellaban cortalos e comprar outros.

Dende o noso grupo municipal manifestámonos totalmente en contra desta decisión e poñemos en tela de xuízo tal informe, pois quixemos contar coa opinión dunha experta na materia, que se personou no lugar e da análise dos restos, asegurou que estas non tiñan enfermidade algunha e que ao seu xuízo gozaban de perfecta vitalidade, atendendo ao estudo das raíces, resina e outros elementos.

O tránsfuga manifestou que non coñecía nin oira a nadie do pobo, salvo aos “nacionalístas” que estivera disconformes coa tala destas árbores. A resposta do BNG foi: “vostede non oe o que non lle convén”

viernes, 29 de mayo de 2009

Apoio aos traballadores de Novo y Sierra

TRABALLADORES DE NOVO Y SIERRA

O BNG de Pontecesures quere mostrar o seu apoio aos traballadores de Novo y Sierra. Non só na manifestación deste próximo sábado, senón en calquer outro acto ou manifestación que se produza no futuro. Ademaís queremos deixarlle claro aos traballadores que estamos a súa disposición para calquer cousa que precisen e na que nós lle puidesemos axudar.

Nós cremos que como forza política do pobo de Pontecesures, do cal temos moitos traballadores con esta problemática , temos que estar a súa plena disposición.
Sen maís queremos dende o BNG darlle todo o noso ánimo e apoioe e esperando que en esta loita consigan os seus obxectivos.

E pedirlle a todos os veciños de Pontecesures a que acompañen a estes traballadores o sábado na manifestación.Xa que creemos que o que lles pasa hoxe a eles pódelle pasar mañán a calquera.

Consello local do BNG de Pontecesures

domingo, 24 de mayo de 2009

Memoria histórica


Margarita Carolina García Castro,Manuel Luis Alvarez Angueira,Cecilia Tarela Barreiro,Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González,concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures presentan a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 25 de maio do 2009.

LEI DA MEMORIA HISTORICA
Exposición de motivos:

Tendo en conta en que en tódolos concellos de Galiza se esta levando a cabo a desaparición deinsignias sobre a guerra civil española.Nos como grupo do bng de Pontecesures creemos que é necesario que no noso concello tamén se leven a practica este tipo de actuacións.

Polo tanto amparándonos na lei 52/2007 do 26 de decembro coñecida por todos como a lei da memoria historia.Xa que a mesma ten como finalidade recoñecer e ampliar os dereitos e establecer a medidas a favor de quen padeceu persecucións ou violencia durante a guerra civil e os seguintes anos da dictadura.

E tendo en conta que o artigo 15 de dita lei di o seguinte:
Que as administración públicas,no exercicio das súas competencias,tomaran as medidas oportunas para a retirada de escudos,insignias,placas e outros obxectos ou mención conmemorativa de exaltación persoal ou colectiva da sublevación militar da guerra civil e da represión da dictadura.

Manter estes nomes e estas distincións significa exaltar un réxime opresor que se caracterizou por falta de liberdades e que promoveu valores totalmente opostos os valores democráticos,de xustiza e igualdade e de respecto á pluralidade é diferenza.

POR ESTES MOTIVOS PROPOÑEMOS O PLENO DA CORPORACIÓN O SEGUINTE:

1-Que os menbros do goberno que o vexan convinte se poñan en contacto coas autoridades eclesiásticas pertinentes para facer efectiva a retirada deste elementos da fachada da igrexa parroquial de Pontecesures, pois como di o seu nome é parroquial o que é igual a que é de todolos veciños, acatando así a lei da memoria histórica.

Salvaxes


O BNG de Pontecesures quere manifestar o seu malestar, asi como o de numerosos veciños do pobo, pola tala indiscriminada das árbores do entorno da praza do monumento do Coche de Pedra. Esta praza está a ser remodelada polas obras que está a realizar o concello no centro do pobo cos fondos do Fondo Estatal de Iversión para o Emprego.
Para a nosa sorpresa encontrámonos estos días con que a totalidade das árbores desta praza foron taladas eliminando de forma radical a única zona do centro do pobo donde os veciños podían desfrutar dun espazo verde para o lecer e donde se podía descansar nos seus bancos no verán á sombra destas árbores que polo menos levaban ahí uns 30 ou máis anos.
Para nós este feito é considerado como un atentado ecolóxico contra o entorno do centro do pobo, e máis tendo en conta que cando se presentou o proxecto das obras non se mencionou para nada a tala das árbores.
Pontecesures, 22 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

O desgoberno cesureño continúa coas súas

O BNG de Pontecesures quere felicitar á ASOCIACIÓN MIRÁNDOLLE OS DENTES polo éxito da Feira do automóbil FEGACLASIC celebrada os pasados 16 e 17 de maio. Durante estes 2 días foron moitos os visitantes a este evento de distintos lugares de Galicia, así como doutros lugares do estado español no que tiveron a posibilidade de ver de primeira man a amplia exposición de automóbiles antigos de todo tipo que ofrecía a Feira e tamén de mercar recambios para vehículos clásicos que se ofertaban nos stands que se instalaron para a ocasión.

Esta feira supón un antes e un despois no auxe de Pontecesures como referente de feiras destas características, facéndolle recuperar ao noso pobo a condición de pioneiro en feiras do automóbil antigo e, ao mesmo tempo, dándolle proxección a nivel de toda a península ibérica ao Concello de Pontecesures.

O BNG tamén quere calificar de lamentable a ausencia da primeira autoridade do pobo, a señora Alcaldesa, nos actos desta feira nos cales non fixo acto de presencia en nengún dos días. Tamén lamentamos e criticamos que o Concello de Pontecesures non fixera nengún tipo de aportación económica a esta feira e ademáis puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que este evento se desenvolvese con normalidade.

Así, non se cortou o tráfico rodado polo centro do pobo no momento da ofrenda floral no monumento do Coche de Pedra, denegar por parte do concello á organización da feira a utilización dos baños da plaza de abastos aos visitantes da feira, por poñer algúns exemplos.

A Asociación Mirándolle os Dentes tiñan solicitado por escrito tanto o corte de tráfico, que non chegou a producirse; e a utilización dos baños, que lles foi denegada tamén por escrito. Para nós estas actitudes son reprobables e son unha mostra máis do talante antidemocrático do goberno que estamos a padecer en Pontecesures.

O BNG considera que esta feira dalle un lugar privilexiado a Pontecesures no eido da compraventa e exposición de vehículos clásicos e pezas para os mesmos. E nesta ocasión o goberno local de Pontecesures, encabezado pola Sra. Alcaldesa, non estivo á altura á hora de apoiar como corresponde a unha actividade que tanta proxección lle dá ao noso pobo.

Entendemos que o equipo de goberno actuou por revancha ao poñer impedimentos para a celebración da Fegaclasic e que pretenden dividir aos veciños de Pontecesures con estas actitudes pouco democráticas.

Pontecesures, 22 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

miércoles, 20 de mayo de 2009

Transxénicos: non, grazas.





ATT.DA SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE PONTECESURES

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PONTECESURES.

Margarita Carolina Garcia Castro,Manuel Luis Alvarez Angueira,Cecilia Tarela Barreiro,Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González,concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures presentan a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 25 de maio do 2009.

ORGANISMOS MODIFICADOS XENÉTICAMENTE( OMX)

Exposición de motivos:

Recentemente,varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios con millo transxénico ao Ministerio de Medio Ambiente nos municipios galegos de Arzúa,Chantada,Mesía,Ribeira e Vilalba ao abeiro da normativa existente.

Non existe un coñecemento científico suficiente como para valorar adecuadamente as consecuencias da produció e uso de OXM e os seus derivados.Existen algunas investigacións sobre as marxes de seguranza no tocante á dispersión de xenes nos ecosistemas máis tamén nas probas de dispersión de sementes fora das fincas de cultivo.Son indubidábles as consecuencias negativas que a comercialización de sementes transxénicas teñen para os productores,establecendo relación de dependencia coas multinacionais productoras.Existe coñecemento suficiente sobre problemas de saúde que os productos obtidos de plantas modificadas xenéticamente poden ter nalgunhas persoas.Existe un gran coñecemento da incidencia que o cultivo de plantas transxénicas ten sobre a diminución da biodiversidade.En calquera campo de investigación é necesario repectar o principio de precaución.Isto é particularmente importante nun ámbito o dos OMX cunha relevancia social,sanitaria e ecolóxica tan evidente.

A manipulación xenética está indo da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pón en perigo a autonomía de decisión sobre os nosos sistemas productivos e a seguranza de alimentar,o oligopolio dos mercados de sementes,agroquímicos e alimentarios,e tomando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnaionais.

Por todo isto e porque o BNG é unha formación firmemente comprometida co desenvolvemento sostible do País.

Propoñemos o Pleno da Corporación que aprobé no pleno,o acordó de DECLARAR O MUNICIPIO DE PONTECESURES COMO ZONA LIBRE DE TRANXÉNICOS e se acompañe das seguintes medidas:

1.Facer pública a oposición do noso Concello ao cultivo ,comercialización de todas as prantas modificadas xeneticamente e aos alimentos que con elas se elaboran.
2.Ditar as ordenanzas municipais pertinentes para que declaren actividades insalubres e nocivas non autorizables ,en ninguna parte do municipio.

3.Facilitar información e promover o debate público sobre os efectos que o cultivo e o consumo de transxénicos supón para a saúde.

4.Asumir o compromiso de que nos establecementos dependentes do Concello,non se consuman alimentos que leven este tipo de Organismos modificados xeneticamente.
5.Solicitar ao Consello da Xunta de Galiza que inicie os trámites normativos necesarios para conseguir que Galiza sexa un dos territorios da UE libre de cultivos transxénicos.

domingo, 10 de mayo de 2009

O "desgoberno" boicotea a feira do automóbil

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da “súa” feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.
Pontecesures, 8 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

domingo, 3 de mayo de 2009

Máis prepotencia

Nas derradeiras semanas estase a colocar nas rúas centrais de Pontecesures o novo alumeado público por parte da empresa SETGA, este novo alumeado caracterízase por atravesar a rúa de lado a lado con enganches nas fachadas particulares dos veciños. O responsable de solicitar aos particulares o permiso para enganchar nas súas fachadas foi o tenente de alcalde Rafael Randulfe do partido popular. Para sorpresa do noso grupo este individuo non falou con ninguén, facendo á calada os enganches sen falar cos propietarios, o BNG ten coñecemento incluso de ameazas a propietarios, enganos e outras falcatruadas para realizar os enganches. Tamén nos consta que hai veciños que xa solicitaron que se saquen os enganches e os cables da súa fachada.
Para nós isto é incomprensible xa que houbo tempo de sobra para falar cos propietarios. A prepotencia de Randulfe non estraña a ninguén porque o pobo ben o coñece; isto recordanos a actitudes doutras épocas. Xa no pleno de aprobación da colocación deste novo alumeado o BNG preguntou ao goberno municipal sobre se os particulares deran o seu permiso para os enganches, respondendo Randulfe coa súa prepotencia e arrogancia habitual que todo estaba arranxado cando en realidade non fixera nada de nada.
Tamén nos sorprende a actitude da alcaldesa Maribel Castro que dí non saber do asunto como se fose alcaldesa doutro pobo, teríamos que preguntarnos para que cobra a cantidade de 40.000 Euros ao ano se coma ela mesma dí non se entera de nada.

Pontecesures, 30 de abril de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES