domingo, 10 de mayo de 2009

O "desgoberno" boicotea a feira do automóbil

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da “súa” feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.
Pontecesures, 8 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES
Powered By Blogger