viernes, 29 de enero de 2010

Outra obra que rechazan


O BNG de Pontecesures presentou una moción para ser debatida no pleno do día 25 de xaneiro na que propoñía que se destinaran os fondos do PEIM (Proxecto Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural) e os do PIR (Plan de Infraestructuras Rurais) e, se fose necesario, con fondos propios do concello para o ancheamento do vial que une os núcleos de poboación de Grobas e A Fenteira.

Despois de que o BNG explicara os motivos polos cales consideramos necesaria esta actuación: transtornos para o transporte escolar, imposibilidade dos vehículos dun certo tamaño para acceder directamente dende Grobas á Fenteira e viceversa o que fai imposible realizar cousas tan básicas como mudanzas, operativos de emerxencias, servizos básicos como a recollida do lixo, etc. (cousas que o resto dos cesureños poden facer con total normalidade); o goberno local liderado pola Alcaldesa NON QUIXO SOMETER A VOTACIÓN ESTA MOCIÓN E DECIDIRON RETIRALA DA ORDE DO DÍA. Nen sequera quixeron debatir sobre este asunto.

Evidentemente o BNG votou en contra da retirada da moción xa que pensamos que esta obra é moi necesaria para o desenvolvemento destas dúas entidades de poboación, pero, polo visto, o goberno local considera aos veciños de Grobas e A Fenteira como cidadáns de segunda.

O equipo de goberno NON QUERE QUE SE ANCHEE ESTE VIAL, mostrando un desprecio absoluto cos veciños destos dous lugares, afirmando textualmente a Alcaldesa que: “esta pista non lle fai falta para nada”.

Dende o BNG imos traballar para que o ancheamento desta pista sexa unha obra prioritaria para o concello e que os veciños de Grobas e A Fenteira non estean continuamente a sufrir as consecuencias deste desgoberno municipal que rechaza todo o que o BNG propón.

Se finalmente non se fai este ancheamento é responsabilidade exclusiva da Alcaldesa, do tránsfuga Sabariz e do señor Randulfe que non queren que esta parte de Pontecesures teña os mesmos servizos que o resto do pobo.

Pontecesures a 27 de xaneiro de 2010
Grupo Municipal do BNG de Pontecesures

viernes, 15 de enero de 2010

Ancheamento da pista Grobas-Fenteira

Dna. Margarita C. García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luís Álvarez Angueira, D. Xosé Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro González; membros da Corporación e pertencentes ó Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures,

EXPOÑEN:

Os núcleos de poboación de Grobas e Fenteira están unidos por un vial que os comunica entre sí. No obstante, este vial é de apenas 3.5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas na Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista só sexa apta para a circulación e tránsito de automóviles pequenos e tractores, pero non podendo circular por ela camións nin autobuses.

Así os veciños de Grobas e Fenteira se atopan con situacións de deficiencias en servizos básicos que se deben correxir.

O autobús escolar, tras a súa chegada a Grobas non pode continuar ata Fenteira polo estreitamento do vial e ten que dar a volta e retomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira, non podendo pois acceder directamente como sería o lóxico e desexable.

Esta misma circunstancia se da para o acceso de camións, para construccións ou para abastecementos en xeral, servizo de butano, bombeiros, ect, non podendo chegar a Fenteira dende Grobas nin a Grobas dende Fenteira. Tamén xurden dificultades se se quere ofertar debidamente o servizo de recollida do lixo .

Ao noso entender, a mellora deste vial é importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un maior desenvolvemento socioeconómico dos veciños e veciñas destes núcleos de poboación do concello de Pontecesures, polo que o concello debe establecer convenios coa administración autonómica (consellaría do Medio Rural)para que a través do PEIM ( Proxecto Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural) e/ou do PIR (Plan de Infraestructuras Rurais) se acometa o ancheamento desta pista.

Por todo o exposto, solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte ACORDO:

Que se destinen os fondos do PEIM 2010 e/ou do PIR 2010, complementandoos, se fose necesario, con fondos propios, para o ancheamento do vial que une Grobas e Fenteira.
Pontecesures a 15 de xaneiro de 2009

Asinado polos integrantes do Grupo Municipal do BNG que encabezan este escrito.

domingo, 10 de enero de 2010

Eu non mandei a este señor vir nadando polo río




A frase da semana dita por un gobernante do pobo.
Hai nivel, si señor

sábado, 9 de enero de 2010

Desorganización e caos no peirao de Pontecesures.Randulfe descoñece que o centro médico de Cesures pecha polas tardes.




Remonte a nado do río Ulla polo campeón do mundo David Meca realizando a ruta marítimo-fluvial, ruta Xacobea do mar de Arousa-Ulla.

En primeiro lugar o BNG quere felicitar a David Meca polo gran logro conquerido, reto que logrou superar ao cubrir a nado a ruta marítimo-fluvial dende Vilagarcía ata o peirao de Pontecesures.

Non obstante o anterior, queremos manifestar que nun evento de tal magnitude, onde o nome de Pontecesures apareceu en todos os medios de comunicación (incluso a nivel estatal), a organización por parte do concello fose nefasta, ata tal punto que podemos decir que foi inexistente.

A importancia do evento trouxo a Pontecesures e ao seu peirao a miles de persoas (veciños e foráneos), que querían comprobar como David Meca era capaz de acadar o reto proposto. Dende logo consideramos dende o BNG que tal feito constituíu unha gran oportunidade para que o noso concello quedase “ben visto”, co pabellón ben alto, en fin, estivera á altura que se merece e polo contrario quedou como se fósemos “unha república bananera”.

O BNG culpa directamente destes feitos á ineptitude da alcaldesa Maribel Castro, á prepotencia de Rafael Randulfe (PP) e ao excesivo afán de protagonismo do tránsfuga Sabariz, quen incluso levaba na man un megáfono para darse máis relevancia dada a gran cantidade de público congregado no peirao.

Pontecesures non merece estar gobernado por semellantes personaxes.

Son numerosas as deficiencias observadas que merecen a nosa crítica máis severa, e entre elas destacamos:

1.- Non establecer medidas de seguridade, acordonando a zona do pantalán e rampla, onde estaba prevista a chegada de David Meca. O pantalán foi invadido por moita xente correndo serio risco de afundimento e podendo ter lugar unha desgraza.
2.- O concello non se ocupou de iluminar a zona de chegada o que provocou que o nadador se desorientase non sabendo cal era en concreto o lugar ao que se debía dirixir.

3.- Unha vez chegado o nadador ao pantalán en condicións de cansancio extremo, con hipotermia e desvaecemento, os servizos sanitarios non podían atendelo coa prontitude e nas condicións requeridas, por mor da aglomeración de xente que alí había, debido á flagrante falla de organización.

Colocado o David Meca na camilla, as dificultades para trasladar a este ata a ambulancia foron enormes dentro dun clima de desesperación por parte dos sanitarios e por parte dos pais do nadador alí presentes.

Xa na ambulancia, Sabariz tivo que ser empuxado polo sanitario pois incordiaba co megáfono na man ao exhauto nadador. Vergoñenta actitude dun concelleiro do goberno.
Cando a ambulancia pretende arrancar do peirao atópase de frente coas carrozas da cabalgata de Reis impedindo o paso á mesma e tendo esta que recurrir a itinerarios alternativos para poder saír do pobo. Decir que as carrozas levaban ali detidas máis dunha hora, por orde directa da alcaldesa Maribel Castro, e en contra do parecer do policía local alí presente, pois mentras este pedía que a caravana circulase ao seu destino a alcaldesa contradecía ao garda municipal e ordenaba que permanecese onde estaba.

Esta situación aparte das dificultades que supuxo para a evacuación normal e rápida de David Meca, dende o BNG entendemos que tamén resultou contraproducente en tanto que se tiveron a nenos e participantes na cabalgata detidos tanto tempo e soportando un forte frío, e todo elo co único fin por parte da alcaldesa de saír na foto co ramo de flores.

Moi lamentable e penosa foi a actuación do concelleiro Rafael Randulfe, que envía a ambulancia ao centro médico de Pontecesures, que se atopa sempre pechado polas tardes como todos os veciños do pobo saben, chegando incluso a baixar ao nadador no pechado centro médico e grazas á actuación anónima dalgúns veciños foi enviado ao PAC de Valga.

4.- A desorganización unida á falla de previsión provocou todos estes problemas, agravados tamén pola ausencia de medios humanos. Só se contaba con dous policías locais para miles de persoas. O BNG pregúntase: ¿Por que non estaban os voluntarios de Protección Civil de Pontecesures? ¿Por que non se pedíu a colaboración da Subdelegación do Goberno e a doutras agrupacións de protección civil de concellos limítrofes?

En fin, un auténtico desastre.

5.- Ante as críticas recibidas in situ por parte de veciños ao concelleiro Rafael Randulfe, a súa resposta (que se califica por sí mesma) foi: ”eu non mandei a este señor vir nadando polo río”.

Este mesmo concelleiro, nunha radio local, criticou ao Xacobeo por este evento, decindo que él descoñecía que se iba a celebrar pois se enterou del pola prensa, pero curiosamente todo o goberno local acompañado polo Sr. Tourís estaba alí presente, e ao BNG cónstalle que os organizadores póñense en contacto coa alcaldesa Maribel Castro (que de feito sí estaba alí co ramo de flores), polo que o Sr. Randulfe minte. Do único que se preocupou o goberno municipal foi de comprar un ramo de flores (que nunca poido entregar ao nadador como por outra parte era de esperar)

Sen dúbida o positivo foi o logro acadado polo campeón do mundo David Meca con este reto, que contribuíu a dar a coñecer a toda España a ruta marítimo fluvial de Arousa e Ulla, e tamén a intervención desinteresada do Club Náutico de Pontecesures que acompañou ao nadador dende Catoira coa lancha motorizada e con varios piragüistas ademáis de participar activamente en terra, colaborando, como podían, no traslado da camilla ata a ambulancia. O BNG agradece a súa participación.