viernes, 29 de enero de 2010

Outra obra que rechazan


O BNG de Pontecesures presentou una moción para ser debatida no pleno do día 25 de xaneiro na que propoñía que se destinaran os fondos do PEIM (Proxecto Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural) e os do PIR (Plan de Infraestructuras Rurais) e, se fose necesario, con fondos propios do concello para o ancheamento do vial que une os núcleos de poboación de Grobas e A Fenteira.

Despois de que o BNG explicara os motivos polos cales consideramos necesaria esta actuación: transtornos para o transporte escolar, imposibilidade dos vehículos dun certo tamaño para acceder directamente dende Grobas á Fenteira e viceversa o que fai imposible realizar cousas tan básicas como mudanzas, operativos de emerxencias, servizos básicos como a recollida do lixo, etc. (cousas que o resto dos cesureños poden facer con total normalidade); o goberno local liderado pola Alcaldesa NON QUIXO SOMETER A VOTACIÓN ESTA MOCIÓN E DECIDIRON RETIRALA DA ORDE DO DÍA. Nen sequera quixeron debatir sobre este asunto.

Evidentemente o BNG votou en contra da retirada da moción xa que pensamos que esta obra é moi necesaria para o desenvolvemento destas dúas entidades de poboación, pero, polo visto, o goberno local considera aos veciños de Grobas e A Fenteira como cidadáns de segunda.

O equipo de goberno NON QUERE QUE SE ANCHEE ESTE VIAL, mostrando un desprecio absoluto cos veciños destos dous lugares, afirmando textualmente a Alcaldesa que: “esta pista non lle fai falta para nada”.

Dende o BNG imos traballar para que o ancheamento desta pista sexa unha obra prioritaria para o concello e que os veciños de Grobas e A Fenteira non estean continuamente a sufrir as consecuencias deste desgoberno municipal que rechaza todo o que o BNG propón.

Se finalmente non se fai este ancheamento é responsabilidade exclusiva da Alcaldesa, do tránsfuga Sabariz e do señor Randulfe que non queren que esta parte de Pontecesures teña os mesmos servizos que o resto do pobo.

Pontecesures a 27 de xaneiro de 2010
Grupo Municipal do BNG de Pontecesures
Powered By Blogger