viernes, 15 de enero de 2010

Ancheamento da pista Grobas-Fenteira

Dna. Margarita C. García Castro, Dna. Cecilia Tarela Barreiro, D. Manuel Luís Álvarez Angueira, D. Xosé Antonio Baliñas Pazos e D. Arturo Ferro González; membros da Corporación e pertencentes ó Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego de Pontecesures,

EXPOÑEN:

Os núcleos de poboación de Grobas e Fenteira están unidos por un vial que os comunica entre sí. No obstante, este vial é de apenas 3.5 metros de ancho e ao longo do mesmo forma importantes estreitamentos contando, ademáis, con tres ou catro curvas moi pechadas na Fenteira. Estas características fan que na actualidade a pista só sexa apta para a circulación e tránsito de automóviles pequenos e tractores, pero non podendo circular por ela camións nin autobuses.

Así os veciños de Grobas e Fenteira se atopan con situacións de deficiencias en servizos básicos que se deben correxir.

O autobús escolar, tras a súa chegada a Grobas non pode continuar ata Fenteira polo estreitamento do vial e ten que dar a volta e retomar a estrada autonómica Pontecesures-Baloira, non podendo pois acceder directamente como sería o lóxico e desexable.

Esta misma circunstancia se da para o acceso de camións, para construccións ou para abastecementos en xeral, servizo de butano, bombeiros, ect, non podendo chegar a Fenteira dende Grobas nin a Grobas dende Fenteira. Tamén xurden dificultades se se quere ofertar debidamente o servizo de recollida do lixo .

Ao noso entender, a mellora deste vial é importante e necesaria para ofertar unha maior calidade de vida e un maior desenvolvemento socioeconómico dos veciños e veciñas destes núcleos de poboación do concello de Pontecesures, polo que o concello debe establecer convenios coa administración autonómica (consellaría do Medio Rural)para que a través do PEIM ( Proxecto Estratéxico de Infraestructuras do Medio Rural) e/ou do PIR (Plan de Infraestructuras Rurais) se acometa o ancheamento desta pista.

Por todo o exposto, solicitamos do Pleno da Corporación o seguinte ACORDO:

Que se destinen os fondos do PEIM 2010 e/ou do PIR 2010, complementandoos, se fose necesario, con fondos propios, para o ancheamento do vial que une Grobas e Fenteira.
Pontecesures a 15 de xaneiro de 2009

Asinado polos integrantes do Grupo Municipal do BNG que encabezan este escrito.
Powered By Blogger