Margarita Carolina García Castro, voceira do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 26 de novembro de 2007.
Antecedentes
Sendo coñecedor este grupo municipal da intención da Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza de agrupar as secretarías dos xulgados de paz dos concellos de menos de 7.000 habitantes, e que desta agrupación resultaría un xulgado único para Pontecesures e Valga, ten que manifestar o seguinte:
Considerando que Pontecesures ten a densidade, con moito, máis alta da comarca, e una situación xeográficamente estratéxica, en canto a comunicacións e servizos debe dispor dun xulgado de paz propio (como ata o de agora)
A posibilidade de que o xulgado de paz se desprace a Valga non só perxudicaría aos cidadáns cesureños senón tamén aos de Valga, aos que, en moitos casos, lles suporía un desprazamento maior debido á dispersión xeográfica do concello veciño.
A gran cantidade de servizos do sector terciario que se ubican no casco urbán do noso pobo, fai máis convinte que o xulgado de paz quede en Pontecesures, podendo, deste xeito, os veciños solventar varias xestións nunha mesma mañán.
Actualmente a carga de traballo do xulgado de paz de Pontecesures ten un volumen tal, que xustifica con creces a súa permanencia, ou en todo caso que se centralice o xulgado de paz único en Pontecesures.
O argumento do número de habitantes da Consellería parécenos pouco realista, xa que hai que analizar outros aspectos como os descritos anteriormente: densidade de poboación, dispersión xeográfica, comunicación e servizos..etc.
Polo exposto, o Grupo Municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
1. Solicitar da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a continuidade da Secretaría do xulgado de Paz en Pontecesures.
2. Asemesmo, solicitar unha entrevista co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para tratar este asunto, na que estean representados membros de todos os partidos políticos de Pontecesures (BNG, PP, IP e PSOE)
3. Remitir certificación do presente acordó á mesma Consellería.
Pontecesures a 27 de outubro de 2007