sábado, 15 de marzo de 2008

Abandono pista polideportiva da Calera


15/03/08
CONSELLO LOCAL BNG PONTECESURES
O gobernó municipal encabezado pola alcaldesa Maribel Castro non ten ningunha preocupación polo deporte, recortando subvencións aos clubes deportivos (como así pasou nos orzamentos do ano 2007), nin pola infraestructuras deportivas municipais. O BNG xa preguntou en varios plenos polo deficiente mantemento da pista polideportiva da Calera.

Antes de “arrebatar” a alcaldía ao BNG esta pista quedou en perfecto estado para o seu uso polos rapaces de Pontecesures. Neste oito meses de lexislatura abandoouse totalmente esta instalación atopándose dende hai uns meses nun estado ruinoso e moi perigoso co valado perimetral tirado a ras do chan e cun evidente perigo manifesto para calquera usuario.

O único que se lle ocorre á alcaldesa Maribel Castro, máis preocupada en vender favores aos seus apoios electorais, é colocar un cartel que advirte aos usuarios que esta instalación está fora de uso. Este cartel leva colocado a friolera de catro meses, pero non se impide físcamente o acceso á pista polideportiva.

Para o BNG a práctica deportiva xenera hábitos de vida saudabeis, e Pontecesures non está sobrada de instalación deportivas, polo que non entendemos o abandono que está a sufrir esta pista por parte do actual “desgoberno”
Powered By Blogger