jueves, 13 de marzo de 2008

DISPÁRASE O GASTO MUNICIPAL

FESTAS DO CARME 2007: 38.000 Euros de orzamento
DISPÁRASE O GASTO MUNICIPAL PARA OFRECER A MESMA CALIDADE

As Festas do Carme 2007 tiveron os orzamentos máis elevados que se recordan. O total de gastos supera os 37.000 €, dos cales 12.000 E foron recaudados na conta corrente de donativos e o resto, 26.000 E, sairon das arcas do concello; é dicir do peto de todos nós.
Aínda que aseguran que as festas foron boísimas imos a intentar desglosalas un pouquiño:
• As primeiras queixas do novo goberno viñan dadas por coller as festas tarde e que por iso o custo era moito máis alto, pois ben xa se levan collendo tarde nos derradeiros anos e iso non influe no prezo nen na calidade.
• Dos anos anteriores a este a diferenza de custo é duns 20.000 € (18.000 € en total no 2006 / 38.000 € no 2007).
• Cando a actual Alcaldesa formaba parte do goberno anterior para que o Concello puxese 5.000 ou 6.000 € (12.000 € de donativos e 6.000 € do Concello no 2006 que suman 18.000 €) poñía o grito no ceo, parecíalle un derroche. Agora non lle importa que o Concello aporte 26.000 €.
• O programa de festas deste ano é un calco exacto de anos anteriores por moito que se empeñen en dicir que foron moito mellores. E senón que expliquen as diferenzas:
• As orquestras eran da categoría de anos pasados, é máis, algunha xa estivera en festas anteriores.
• O alumeado igual ca outros anos podendo ser, en todo caso, que aumentase un par de arcos; pero sen grandes diferenzas.
• Os fogos igual que todos os anos, a traca para a procesión e algún foguete que outro no resto do día.
• A festa infantil, un calco da festa do 2006, festa da escuma, hinchabeis e pouco máis.
• Unha banda de música para o domingo e unha charanga para o luns, actuación da Barcarola os dous días, o viño das autoridades e os pinchos dos rapaces da procesión, etc.

Despois desta breve, pero precisa, exposición do que foron as Festas do Carme 2007, cal é a diferenza cas de anos anteriores para que aos veciños deste pobo nos supoña un gasto extra de 26.000 €. Despois de darlle moitas voltas, sí encontramos algo distinto: este ano para recordarnos tempos pasados saíron as mantillas á rúa, pero queremos supoñer que iso non é o motivo dos 20.000 € de diferenza de custo dun ano a outro.
Powered By Blogger