jueves, 13 de marzo de 2008

16 DE XUÑO: ENGANO A TODO UN POBO

Fagamos un pouco de historia: Cos resultados das eleccións municipais o pobo falou claro quen debía gobernar este concello. O BNG con 838 votos foi a forza máis votada con ampla diferenza respecto ás outras formacións políticas que se presentaron (PP: 616, PSOE: 365 e IP: 205).
A pesar desta diferenza, o BNG non puido acadar a Alcaldía. Os 5 concelleiros do BNG, frente aos 3 do PP, 2 do PSOE e 1 de IP; non foron suficientes para obter a maioría que permitise manter un goberno progresista en Ponte­ce­sures.
Compre lembrar aos veciños que o PSOE e o BNG tiñan asinado un acordo a nivel galego que permitira a gobernabilidade da forza máis votada das dúas, neste caso correspondería ao BNG, pero os intereses particulares e revanchistas dos señores Sabariz e Diz e os seus pesaron máis á hora da elección do novo goberno, dándolle á Alcaldía á lista menos votada (IP con tan só 1 concelleira) e facendo equipo co PP. Esta decisión dos socialistas supúxolles a expulsión do partido aos dous concelleiros non podendo dende aquela utilizar as siglas do PSOE por ser uns tránsfugas que non acataron a decisión dos órganos do seu partido.
De todos os xeitos, os concelleiros eleitos do PSOE eran conscientes do que ían facer: por unha banda desprazaron aos “historicos” do PSOE do Sr. Gerpe, sabendo que eles baixo as siglas socialistas ían a conquerir máis votos que presentándose como independentes.
Tamén é certo que o PP con 3 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada non tivo escrúpulos a hora de votar para a nova alcaldesa de IP, en troques de propoñer como alcalde ao seu candidato que foi o que elixiran os seus vo­tantes. Houbo, polo tanto, un vil engano por parte destes dous partidos: o PP enganou ao seu electorado ao votar co­mo Alcaldesa a Maribel Castro; e o PSOE enganou non só ao seu electorado, tradicionalmente de esquerdas, senón que tamén enganou aos Conselleiros socialistas que arrouparon a súa candidatura na campaña electoral.
Qué dicir de Maribel Castro? Poucas palabras. Non ten inconvinte en ir co demo se este a pon de Alcaldesa. Estivo case dous anos formando goberno co BNG e cos demáis apenas se falaba, agora colleu a Alcaldía nunhas condicións de debilidade só polo protagonismo de ser Alcaldesa e tamén por 2.400 € mensuais.
Que os veciños valoren e reflexionen sobre o roubo que se fixo co seu voto.
Despois de pasados os primeiros meses do novo goberno municipal só nos queda valoralos como de INEPTOS á hora de gobernar.
Este goberno é un desgoberno que logo dos primeiros meses de goberno tan só se dedicaron a intimidar aos traballadores municipais e a xestionar do pior xeito posíbel os proxectos e obras que o BNG comezou no mandato anterior. Tampouco son quen de acadar importantes colaboracións das diferentes administracións públicas nas que a día de hoxe parece que teñen as portas pechadas.
O programa cultural levado a cabo no verán xa fora contratado polo goberno do BNG (o novo goberno recortouno), todos os traballadores que se contrataron recentemente xa foran solicitados polo goberno do BNG e estaban concedidos, todas as obras que se están levando a cabo son proxectos iniciados polo goberno do BNG, etc. Non fixeron polo tanto nada novo que nós non tiveramos xestionado. O goberno municipal caeu en mans dunha banda de ineptos que non é capaz de darlle saída aos problemas do pobo nen de buscar recursos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Pon­tecesures.
A estes persoaxes do actual goberno so os uneu un interés común: desaloxar ao BNG do poder por envexas e revanchismo, sen preocuparlle en absoluto o interese xeral do pobo.
Iso si, teñen dúas flamantes dedicacións exclusivas a Sra. Castro: 2.400 Euros e o Sr. Randulfe: 1.700 (ambos os dous con 14 pagas anuais).
O BNG é consciente de que queda unha etapa de incertidume, pero imos traballar para que concelleiros desta calaña non poñan en vergoña o nome de Pontecesures e aos seus veciños como xa o teñen feito.
Powered By Blogger