domingo, 24 de mayo de 2009

O desgoberno cesureño continúa coas súas

O BNG de Pontecesures quere felicitar á ASOCIACIÓN MIRÁNDOLLE OS DENTES polo éxito da Feira do automóbil FEGACLASIC celebrada os pasados 16 e 17 de maio. Durante estes 2 días foron moitos os visitantes a este evento de distintos lugares de Galicia, así como doutros lugares do estado español no que tiveron a posibilidade de ver de primeira man a amplia exposición de automóbiles antigos de todo tipo que ofrecía a Feira e tamén de mercar recambios para vehículos clásicos que se ofertaban nos stands que se instalaron para a ocasión.

Esta feira supón un antes e un despois no auxe de Pontecesures como referente de feiras destas características, facéndolle recuperar ao noso pobo a condición de pioneiro en feiras do automóbil antigo e, ao mesmo tempo, dándolle proxección a nivel de toda a península ibérica ao Concello de Pontecesures.

O BNG tamén quere calificar de lamentable a ausencia da primeira autoridade do pobo, a señora Alcaldesa, nos actos desta feira nos cales non fixo acto de presencia en nengún dos días. Tamén lamentamos e criticamos que o Concello de Pontecesures non fixera nengún tipo de aportación económica a esta feira e ademáis puxera todo tipo de impedimentos e atrancos para que este evento se desenvolvese con normalidade.

Así, non se cortou o tráfico rodado polo centro do pobo no momento da ofrenda floral no monumento do Coche de Pedra, denegar por parte do concello á organización da feira a utilización dos baños da plaza de abastos aos visitantes da feira, por poñer algúns exemplos.

A Asociación Mirándolle os Dentes tiñan solicitado por escrito tanto o corte de tráfico, que non chegou a producirse; e a utilización dos baños, que lles foi denegada tamén por escrito. Para nós estas actitudes son reprobables e son unha mostra máis do talante antidemocrático do goberno que estamos a padecer en Pontecesures.

O BNG considera que esta feira dalle un lugar privilexiado a Pontecesures no eido da compraventa e exposición de vehículos clásicos e pezas para os mesmos. E nesta ocasión o goberno local de Pontecesures, encabezado pola Sra. Alcaldesa, non estivo á altura á hora de apoiar como corresponde a unha actividade que tanta proxección lle dá ao noso pobo.

Entendemos que o equipo de goberno actuou por revancha ao poñer impedimentos para a celebración da Fegaclasic e que pretenden dividir aos veciños de Pontecesures con estas actitudes pouco democráticas.

Pontecesures, 22 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

miércoles, 20 de mayo de 2009

Transxénicos: non, grazas.





ATT.DA SRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE PONTECESURES

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PONTECESURES.

Margarita Carolina Garcia Castro,Manuel Luis Alvarez Angueira,Cecilia Tarela Barreiro,Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González,concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures presentan a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 25 de maio do 2009.

ORGANISMOS MODIFICADOS XENÉTICAMENTE( OMX)

Exposición de motivos:

Recentemente,varias empresas transnacionais teñen solicitado ensaios con millo transxénico ao Ministerio de Medio Ambiente nos municipios galegos de Arzúa,Chantada,Mesía,Ribeira e Vilalba ao abeiro da normativa existente.

Non existe un coñecemento científico suficiente como para valorar adecuadamente as consecuencias da produció e uso de OXM e os seus derivados.Existen algunas investigacións sobre as marxes de seguranza no tocante á dispersión de xenes nos ecosistemas máis tamén nas probas de dispersión de sementes fora das fincas de cultivo.Son indubidábles as consecuencias negativas que a comercialización de sementes transxénicas teñen para os productores,establecendo relación de dependencia coas multinacionais productoras.Existe coñecemento suficiente sobre problemas de saúde que os productos obtidos de plantas modificadas xenéticamente poden ter nalgunhas persoas.Existe un gran coñecemento da incidencia que o cultivo de plantas transxénicas ten sobre a diminución da biodiversidade.En calquera campo de investigación é necesario repectar o principio de precaución.Isto é particularmente importante nun ámbito o dos OMX cunha relevancia social,sanitaria e ecolóxica tan evidente.

A manipulación xenética está indo da man dunha crecente mercantilización dos recursos xenéticos que pón en perigo a autonomía de decisión sobre os nosos sistemas productivos e a seguranza de alimentar,o oligopolio dos mercados de sementes,agroquímicos e alimentarios,e tomando a nosa alimentación cada vez máis dependente dun feixe de grandes empresas transnaionais.

Por todo isto e porque o BNG é unha formación firmemente comprometida co desenvolvemento sostible do País.

Propoñemos o Pleno da Corporación que aprobé no pleno,o acordó de DECLARAR O MUNICIPIO DE PONTECESURES COMO ZONA LIBRE DE TRANXÉNICOS e se acompañe das seguintes medidas:

1.Facer pública a oposición do noso Concello ao cultivo ,comercialización de todas as prantas modificadas xeneticamente e aos alimentos que con elas se elaboran.
2.Ditar as ordenanzas municipais pertinentes para que declaren actividades insalubres e nocivas non autorizables ,en ninguna parte do municipio.

3.Facilitar información e promover o debate público sobre os efectos que o cultivo e o consumo de transxénicos supón para a saúde.

4.Asumir o compromiso de que nos establecementos dependentes do Concello,non se consuman alimentos que leven este tipo de Organismos modificados xeneticamente.
5.Solicitar ao Consello da Xunta de Galiza que inicie os trámites normativos necesarios para conseguir que Galiza sexa un dos territorios da UE libre de cultivos transxénicos.

domingo, 10 de mayo de 2009

O "desgoberno" boicotea a feira do automóbil

Estánse a levar a cabo no concello de Pontecesures as obras de mellora de beirarrúas no centro do pobo con cargo aos fondos do FEIL (Fondo Estatal de Inversión Local para o emprego). Para sorpresa do noso grupo as obras comezan na intersección das rúas Sagasta, San Lois e Travesía do Muelle, nas inmediacións do monumento ás ferias do automóbil (O Coche de Pedra); consistindo estas no levantamento das beirarrúas incluído o levantamento de toda a plaza do Coche de Pedra e na apertura de zanxas.
Para nós o máis normal e lóxico e que estas obras comezasen dende as rúas Portarraxoi ou Víctor García hacia o centro, non habendo, ao noso entender, nengunha razón técnica que xustifique facelo dende o centro hacia fora.
Nembargantes, vemos que se acerca a feira do automóbil FEGACLASIC organizada pola asociación Mirándolle os Dentes os vindeiros 16 e 17 de maio. Precisamente esta asociación ten previsto a utilización deste espazo aledaño ao Coche de Pedra, entre outros, para a celebración deste evento ca colocación de automóbiles e motos clásicos, tendo constancia o noso grupo de que a asociación ten autorización por escrito do concello para o uso deste espazo.
Evidentemente, dada a magnitude destas obras, non estarán rematadas antes do 16 de maio e a zona estará intransitable e en pésimas condicións para calquer celebración, e aquí é onde vemos o motivo polo que se comezaron neste punto as obras, que non é outro que torpedear dende o goberno municipal a celebración da FEGACLASIC polas desavenencias que algúns membros deste goberno tiveron ca asociación cesureña Mirándolle os Dentes usurpándolle a organización da Feira do Automóbil de Ocasión e encargándolle esta a unha empresa de Vigo por unha descomunal cantidade de euros.
Dende o goberno municipal, despois do estrepitoso fracaso da “súa” feira do automóbil aínda que algúns non o queiran ver, intentan boicotear a FEGACLASIC sexa como sexa e agora ocórreselle iniciar as obras do FEIL coincidindo en datas e lugares con esta feira.
Para o BNG esta extrana coincidencia é fruto dunha actitude revanchista da que responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro e ó concelleiro de obras Rafael Randulfe, e temos que reiterar que as actitudes dos membros do goberno municipal nos seguen a recordar tempos pasados de autoritarismo e caciquismo no noso pobo.
Pontecesures, 8 de maio de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

domingo, 3 de mayo de 2009

Máis prepotencia

Nas derradeiras semanas estase a colocar nas rúas centrais de Pontecesures o novo alumeado público por parte da empresa SETGA, este novo alumeado caracterízase por atravesar a rúa de lado a lado con enganches nas fachadas particulares dos veciños. O responsable de solicitar aos particulares o permiso para enganchar nas súas fachadas foi o tenente de alcalde Rafael Randulfe do partido popular. Para sorpresa do noso grupo este individuo non falou con ninguén, facendo á calada os enganches sen falar cos propietarios, o BNG ten coñecemento incluso de ameazas a propietarios, enganos e outras falcatruadas para realizar os enganches. Tamén nos consta que hai veciños que xa solicitaron que se saquen os enganches e os cables da súa fachada.
Para nós isto é incomprensible xa que houbo tempo de sobra para falar cos propietarios. A prepotencia de Randulfe non estraña a ninguén porque o pobo ben o coñece; isto recordanos a actitudes doutras épocas. Xa no pleno de aprobación da colocación deste novo alumeado o BNG preguntou ao goberno municipal sobre se os particulares deran o seu permiso para os enganches, respondendo Randulfe coa súa prepotencia e arrogancia habitual que todo estaba arranxado cando en realidade non fixera nada de nada.
Tamén nos sorprende a actitude da alcaldesa Maribel Castro que dí non saber do asunto como se fose alcaldesa doutro pobo, teríamos que preguntarnos para que cobra a cantidade de 40.000 Euros ao ano se coma ela mesma dí non se entera de nada.

Pontecesures, 30 de abril de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

sábado, 28 de marzo de 2009

Reprobar: non aprobar, dar por malo

ATT. DA SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE PONTECESURES

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PONTECESURES

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luís Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González; concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 30 de marzo de 2009.

Exposición de motivos:
O domingo 1 de marzo na mesa electoral B, no colexio de Pontecesures, o representante do PP e ao mesmo tempo 1º Teniente Alcalde do concello de Pontecesures, Rafael Randulfe, foi sorprendido introducindo unha papeleta do PP nun sobre que lle deu a un veciño para que votase. Este feito foi visto polos interventores de todos os partidos así como por os membros da mesa electoral.

Tanto os interventores do PSOE como do BNG aprensentaron denuncia ante a Xunta Electoral Provincial a fin de que se tomen as medidas oportunas.

Este feito, moi grave, constitúe un atentado á democracia, un desprezo aos membros da Mesa e ao interventores. Pero non só este feito é o único atropello á democracia e ás normas que rixen os proceso electoral, senón que o propio sábado, na xornada de reflexión, o Sr. Randulfe foi visto repartindo votos polas vivendas, cando esta práctica está claramente prohibida.

O BNG considera que o comportamento do Sr. Randulfe non debe quedar impune e por iso acudimos á Xunta Electoral para que prácticas como esta se erradiquen para sempre no noso pobo.

O talante antidemocrático deste tenente alcalde constitúe unha mostra de prepotencia e de non respecto da lei electoral, e consideramos que esta actitude, por saúde democrática, debe ter as súas consecuencias, tanto as que deba tomar pola sua parte a Xunta Electoral, como de caracter político, e polo tanto dende o Grupo Municipal do BNG solicitamos ao Pleno da Corporación a reprobación ao Sr.


Randulfe como Tenente Alcalde e como concelleiro, pois se mofa das leis e do respecto democrático. Nós preguntámonos, se é capaz de facer isto diante dos membros dunha mesa electoral e dos interventores, que fará no concello?

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:
ACORDO

1.Reprobación por parte do Pleno da Corporación do Concello de Pontecesures ao 1º Tenente de Alcalde D. Rafael Randulfe Vieites polos feitos sinalados na exposición de motivos, levados a cabo nos dias 28 de febreiro e 1 de marzo.

Pontecesures, 27 de marzo de 2009

sábado, 14 de marzo de 2009

Marcianos

Yo creo que los arousanos no somos terráqueos. Somos marcianos. En serio. Raros, raros. Unos militantes del PSOE, algunos muy conocidos y mega locuaces, firman un manifiesto por la renovación de su partido y en contra de la imposición lingüistica (do dicen así textualmente) del gallego. El documento es público y es noticia. Pues en Arousa, algunos de los que firmaron el manifiesto, aunque lo hicieron poniendo sus nombres y apellidos, parece que ahora se avergüenzan de que se sepa y van de guais en los foros de Internet haciéndose los interesantes. “He salido en la prensa y no sé por qué”, dice una. Pues porque has firmado, chica. De marcianos. Pero el colmo de lo extraterreste ocurre en Pontecesures. Ese concello cuya alcaldesa logro un concejal solo en las elecciones pero se hizo con el bastón de mando gracias a que Sabariz pasó del PSOE, lista que encabezaba, y pactó con el PP un gobierno de mogollón. Ahora también en Cesures, como la asociación organizadora de la feria del automóvil se lleva mal con el Ayuntamiento, uno y otro han decidido hacer dos ferias diferentes. Una en abril y otra en mayo. De chiste. Lo que aquí hace falta es una feria del platillo volante.
Artículo “Entre Líneas”. Xurxo Melchor. LA VOZ DE GALICIA, 14/03/08

jueves, 5 de marzo de 2009

Voltamos a prácticas desterradas

O BNG de Pontecesures quere comunicar á cidadanía uns feitos que considera graves e lamentabeis.

O domingo 1 de marzo na mesa electoral B, no colexio de Pontecesures, o representante do PP e ao mesmo tempo 1º Teniente Alcalde do concello de Pontecesures, Rafael Randulfe, foi sorprendido introducindo unha papeleta do PP nun sobre que lle deu a un veciño para que votase. Este feito foi visto polos interventores de todos os partidos así como por os membros da mesa electoral.

Tanto os interventores do PSOE como do BNG apresentaron denuncia ante a Xunta Electoral Provincial a fin de que se tomen as medidas oportunas.

Este feito, moi grave, constitúe un atentado á democracia, un desprezo aos membros da Mesa e ao interventores. Pero non só este feito é o único atropello á democracia e ás normas que rixen os proceso electoral, senón que o propio sábado, na xornada de reflexión, o Sr. Randulfe foi visto repartindo votos polas vivendas, cando esta práctica está claramente prohibida.

O BNG considera que o comportamento do Sr. Randulfe non debe quedar impune e por iso acudimos á Xunta Electoral para que prácticas como esta se erradiquen para sempre no noso pobo.

O talante antidemocrático deste teniente alcalde constitúe unha mostra de prepotencia e de non respecto da lei electoral, e consideramos que esta actitude, por saúde democrática, debe ter as súas consecuencias, tanto as que deba tomar pola sua parte a Xunta Electoral, como de caracter político, e polo tanto dende o BNG esiximos que o Sr. Randulfe presente a súa dimisión como Teniente Alcalde e como concelleiro, pois se mofa das leis e do respecto democrático. Nós preguntámonos, se é capaxz de facer isto diante dos membros dunha mesa electoral e dos interventores, que fará no concello?

Asamblea local BNG de Pontecesures
Powered By Blogger