sábado, 28 de marzo de 2009

Reprobar: non aprobar, dar por malo

ATT. DA SRA. ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE PONTECESURES

MOCIÓN DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO DE PONTECESURES

Margarita Carolina García Castro, Manuel Luís Álvarez Angueira, Cecilia Tarela Barreiro, Xosé Antonio Baliñas Pazos e Arturo Ferro González; concelleiros do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 30 de marzo de 2009.

Exposición de motivos:
O domingo 1 de marzo na mesa electoral B, no colexio de Pontecesures, o representante do PP e ao mesmo tempo 1º Teniente Alcalde do concello de Pontecesures, Rafael Randulfe, foi sorprendido introducindo unha papeleta do PP nun sobre que lle deu a un veciño para que votase. Este feito foi visto polos interventores de todos os partidos así como por os membros da mesa electoral.

Tanto os interventores do PSOE como do BNG aprensentaron denuncia ante a Xunta Electoral Provincial a fin de que se tomen as medidas oportunas.

Este feito, moi grave, constitúe un atentado á democracia, un desprezo aos membros da Mesa e ao interventores. Pero non só este feito é o único atropello á democracia e ás normas que rixen os proceso electoral, senón que o propio sábado, na xornada de reflexión, o Sr. Randulfe foi visto repartindo votos polas vivendas, cando esta práctica está claramente prohibida.

O BNG considera que o comportamento do Sr. Randulfe non debe quedar impune e por iso acudimos á Xunta Electoral para que prácticas como esta se erradiquen para sempre no noso pobo.

O talante antidemocrático deste tenente alcalde constitúe unha mostra de prepotencia e de non respecto da lei electoral, e consideramos que esta actitude, por saúde democrática, debe ter as súas consecuencias, tanto as que deba tomar pola sua parte a Xunta Electoral, como de caracter político, e polo tanto dende o Grupo Municipal do BNG solicitamos ao Pleno da Corporación a reprobación ao Sr.


Randulfe como Tenente Alcalde e como concelleiro, pois se mofa das leis e do respecto democrático. Nós preguntámonos, se é capaz de facer isto diante dos membros dunha mesa electoral e dos interventores, que fará no concello?

En consecuencia, o grupo municipal do BNG solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte:
ACORDO

1.Reprobación por parte do Pleno da Corporación do Concello de Pontecesures ao 1º Tenente de Alcalde D. Rafael Randulfe Vieites polos feitos sinalados na exposición de motivos, levados a cabo nos dias 28 de febreiro e 1 de marzo.

Pontecesures, 27 de marzo de 2009
Powered By Blogger