viernes, 5 de septiembre de 2008

A seguridade vial nun segundo plano



O BNG de Pontecesures quere manifestar o seu malestar polo que, ao noso entender,está a ser unHa pésima utilización dos semáforos do “cruce da Estrada” por parte do desgoberno municipal.
Durante o goberno do Bloque Nacionalista Galego en Pontecesures adoptouse unHa importante decisión como foi a de regular o tráfico mediante semáforos no cruce da Estrada para evitar a perigosidade crecente de dito cruce, perigosidade que diminuiu de forma considerabel con tal medida.
Observamos e recibimos numerosas protestas de veciños polo mal uso que se lle está a dar actualmente a esta regulación semafórica, esta depende directamente do concello de Pontecesures. Os semafóros atópanse frecuentemente apagados durante días completos sobre todo en fins de semana, descoñecendo as causas, pero ademáis tomouse a decisión por parte do desgoberno municipal de apagalos totalmente a partires das 21.30 ata ás 08.00 horas.
Esta decisión conleva a un aumento considerabel do risco tanto para vehículos como para pións, xa que nin siquera deixan encendidas as luces intermitentes de sinalización de circular con precaución.
O BNG responsabiliza directamente á alcaldesa Maribel Castro da decisión que pretende favorecer a algún apoio electoral seu, primando unha vez máis, no desgoberno, os favores individuais ca o interés xeral e máxime cando se esta a tratar da seguridade vial nun cruce tan perigoso.
Nós esiximos á Sra. Castro que corrixa este despropósito de xeito inmediato, que canto menos se deixen as luces intermitentes de sinalización de cruce perigoso e a unhas horas de cambio más axeitadas.

Consello Local do BNG Pontecesures
Powered By Blogger