sábado, 12 de abril de 2008

Festa da lamprea



O BNG quer manifestar acerca da XIII Festa da lamprea e da II Feira do automóvil de ocasión o seguinte.

1º. As nosas felicitacións aos organizadores da II feira do automóvil de ocasión (Asociación “Mirándolle o Dentes”) polo traballo ben realizado e polo gran éxito conquerido, promocionando o nome de Pontecesures por toda Galiza e o estado español. Éxito que levou a unha grande asistencia de visitantes ao noso pobo.

2º Ao parecer do BNG a festa da lamprea convertíuse na cuchipanda do Partido Popular (pagada por todos os veciños) encabezado pola alcaldesa Maribel Castro e o concelleiro liberado Rafael Randulfe. Dase a circuntancia que dous da equipa de governo ( concelleiros non adscritos Sabariz e Alfonso Diz) non asisten a este importante evento, ni aos actos protocolarios nin á propia degustación. As súas razón terán.

Os feitos son os seguintes:

-multitude de invitacións (máis que nunca). A alcadesa, a maiores do seu marido, “levou” a xenros, fillos, irmáns, cuñados a comer gratis á carpa xunto coas autoridades invitadas. Non se quedou atrás o Sr . Randulfe, pois levou a ex-ediles do Partido Popular, a menbros da súa lista electoral e a simpatizantes do seu partido, incluso se deu a paradoxa de que un membro da súa lista estaba a vender tickets da lamprea, cando esa persona non é traballadora do concello.

-desconsideración grave cos invitados e autoridades que non eran da súa “cor política” tratándoos como relleno, e limitándose tanto Maribel Castro como Rafael Randulfe a “ir detrás” do Presidente da Deputación.

O BNG estos feitos tíldaos de lamentabeis, recordándolle que máis que a festa da lamprea parecía a romería do Monte do Faro. Nas 8 edicións precedentes isto xamáis ocurreu.

Ao noso entender esta festa debería ser a festa de todos os veciños, sen cor político, promocionando un producto tan típico na nosa bisbarra como a lamprea.

Pontecesures, 12 de abril de 2008
Powered By Blogger