As constantes queixas feitas polo veciños diante do BNG polo deficiente funcionamento do alumeado público lévanos una vez máis a facer unha denuncia pública perante os medios de comunicación. Esta lexislatura estase a caracterizar, sobre todo por un abandono total das infraestructuras municipais, neste caso estamos a falar do alumeado municipal con constantes apagados de rúas enteiras, como é o caso da rúa Ullán, avda de Vigo, etc. Estes apagados duran semanas enteiras sen recibir, por parte do desgoberno, explicación algunha.
O BNG interesouse en plenos pola situación caótica do alumeado público recibindo como resposta a mofa e a calada. Nós non entendemos como un servizo municipal tan importante se atope neste estado lamentable de abandono.
Esiximos a Maribel Castro e ao seus socios a posta en funcionamento inmediato do alumeado público nas rúas que levan tempo sen o servizo, que lle adiquen tempo e medios a este asunto e deixen de lado as súas liortas internas, que son moi coñecidas en todo o pobo. Mal se pode gobernar nesta situación.
Consello Local BNG Pontecesures