Así estaba en maio e así sigue hoxe
En relación coas manifestacións vertidas nos medios de comunicación polo tránsfuga político Luis Sabariz, concelleiro do actual desgoberno municipal en relación cas deficiencias do CPI de Infesta, o BNG quere decir:
Parécenos dun cinismo desmesurado as declaracións de Sabariz, xa que son coñecidas por todos as promesas electorais feitas por este durante a campaña e precampaña das eleccións muncipais, nas cales prometía a bombo e platillo e dado como feito a construcción dun comedor escolar, facéndose acompañar polo Sr. Delegado Provincial de Educación, nese intre compañeiro do seu partido político. Pero o día da investidura, onde enganou a todo un pobo tamén enganou , entre outros, aos que o viñeron arroupar con promesas de investimentos para Pontecesures, entre elas a do comedor escolar.
Nós cremos, igual que todo o pobo de Pontecesures, que o único responsabel de que a día de hoxe Pontecesures non conte cun comedor escolar é o tránsfuga Sabariz e parécenos incribel que este señor responsabilice a outros da súa culpa.
Mal vai este desgoberno municipal cando o concelleiro de Relacións Institucionais é Sabariz, que ten todas as portas pechadas das institucións, precisamente polo seu carácter, actitude e cinismo políticos.
Doutra banda o BNG xa denunciou nos medios no pasado mes de maio as deficiencias graves que sufría o CPI de Infesta, deficiencias incluso perigosas (cun custo de reparación baixo), e a día de hoxe inda non se corrixiron, continúan tal cual, como así recoñece Sabariz en nota de prensa. Nós cremos que o úncio culpable de que isto non se arranxara é o desgoberno encabezado por Maribel Castro. O concello conta cunha partida económica, recibida da Xunta de Galicia cada ano, para mantemento do centro educativo, no que sen dúbida entran estos arranxos, por eso non entendemos como no comezo do curso escolar este problema estea sen resolver, e o único que se lle ocorre agora é responsabilizar a outros da súa desidia e abandono.
Este desgoberno prioriza o gasto en festas diante da educación dos nosos cativos.
Consello Local do BNG Pontecesures