O BNG de Pontecesures quer manifestar e comunicar á cidadanía, sobre os orzamentos municipais do ano 2008 o seguinte:
1º. Tardanza. A pesares de comunicar, este desgoberno. ao pleno e ao pobo a través dos medios de comunicación que os orzamentos se levarían a pleno a finais de 2007 ou como moito tardar a principios de 2008, nos atopamos que se apresentan prácticamente no derradeiro trimestre do ano resultando máis que uns orzamentos anuais, prácticamente un mero peche de contas.
2º. O BNG non os considera realistas, pois hai gastos correntes que non aparecen reflexados no documento, como é o caso do custe do mantemento da depuradora para o que non se asigna nin un só euro. A partida na que iría incluido este gasto é exactamente a mesma que a do ano anterior e incluso 5000 € menor que nos orzamentos de 2005 momentos no que a depuradora estaba parada. Curiosamente, a depuradora que foi entregada pola empresa que a puxo en marcha no pasado mes de xullo, segundo o desgoberno municipal non supón ningún gasto o resto do ano, o cal resulta ilóxico e irreal. Este é un caso claro de que este orzamento non se axusta á realidade e da a entender que só buscaron cadrar a partida de ingresos coa de gastos, sen importarlle se un servicio como este quedaba dotado como é obrigado.
3º. O BNG maniféstase rotundamente en contra asimesmo, da desproporcionada subida da partida de festas, pois esta pasou no 2005 (e prorrogadas no 2006) do entorno dos 60.000 € ós 70.000 € do ano 2007 (xa co actual desgoberno), e agora neste orzamento de 2008 consignan un total de 112.000 €, prácticamente un 60 % máis, o que intentan xustificar coas aportacións e donativos dos veciños e empresas, (os cales tamén había en exercicios anteriores), pero aínda con todo resulta un incremento moi esaxerado, sobre todo cando este leva consigo a reducción doutras partidas.
4º. Destacar que nun momento de crise económica xeneralizada, na que o PP, entre outros, estálle a pedir aos seus alcaldes e concelleiros liberados que conxelen as súas retribucións, tanto a alcaldesa Maribel Castro como o concelleiro do PP Rafael Randulfe fan oidos sordos a estas recomendacións e súbense o seu soldo un 3%.
5º Este aumento en festas e soldos da Sra.Alcaldesa e do Sr. Randulfe, non obstante vai en detrimento doutras partidas, ao xuizo do BNG moi importantes, como é a dedicada a atención social que sufre unha caída, no seu conxunto dun 14 %.
6º. O BNG quer resaltar tamén a afrenta que desde o actual tripartito se lle está a facer ao Club Náutico de Pontecesures. A estratexia deste desgoberno é facer o máximo dano posibel a Luis Alvarez Angueira, e para iso se castiga ao Club Náutico, sen importarlle o dano que se lle fai ao club, aos deportistas é ás súas familias.
Nos orzamentos do ano 2007 se lle rebaixou a subvención por parte do concello en 1.000 € con respecto ao que viñan recibindo en exercicios anteriores, e neste ano 2008, ainda cun compromiso de resarcirlle o decremento do anterior ano, o que fai o tripartito e castigalos aínda máis.
Se lle asignan 6.500 € como subvención total na que está incluido o gasto dun monitor deportivo, cando só un monitor deportivo ronda os 12.000 € anuais, incumprindo así o compromiso que a Alcaldesa chegara coa dirección do club náutico dunhas cantidades suficientes que axudaran ao mantemento desta actividade deportiva.
Sorprendentemente para o BNG, a alcaldesa, ante un pleno abarrotado de deportistas pertencentes ao club náutico acompañados por moitos pais destes,(que para nada foron convocados nin arengados polo BNG), manifesta que foi certo que chegou a ese compromiso pero que os "seus socios foron quenes non quixeron cumprir co acordado" nun intento de "lavar a cara" ante o numeroso público presente.
Este castigo que se lle fai ao Club Náutico, lamentablemente levará ao peche do mesmo a final de ano segundo manifestou a dirección do Club e así recoñeceu a propia alcaldesa que este extremo fora posto no seu coñecemento polo Presidente do Club.
Desde o BNG se propuxo que os orzamentos quedaran sobre a mesa e se pospuxeran ata o o luns 29 de setembro (se se retrasaron 9 meses pouco importa uns días máis) a fin de que se corrixira a aportación en forma de subvención ao Club Náutico, proposta que lamentablemente, foi rechazada. polo actual desgoberno municipal, feito que o BNG lamenta.