domingo, 3 de agosto de 2008

O BNG quere manifestar acerca da ausencia dos seus concelleiros ao último pleno ordinario do día 28 de xullo o seguinte:

1. O día 24 de xullo o BNG apresentou por escrito unha solicitude para que o pleno se aprazase debido a que a maior parte do seu grupo non podía asistir por motivos persoais (e algún por motivos laborais). Ademáis concelleiros do BNG falaron persoalmente ca Alcaldesa deste asunto ao que ela respostou que de ningunha maneira e que os seus socios de goberno no lle ían permitir este troco.

2. En resposta ao manifestado polo tránsfuga Sabariz, o BNG pregúntase: ¿por qué non asiste aos plenos o outro tránsfuga Alfonso Diz? Acaso sinte vergoña despois do que fixo o día da investidura ou é que non ten valor a presentar a súa demisión. Para nós Sabariz está a facer o papel de bufón de corte, xa que é o que máis fala e o que debería estar máis calado por razón obvias.

3. Ao noso entender a actitude neste asunto da Alcaldesa Maribel Castro é antidemocrática que pretende non ter oposición que lle faga preguntas comprometidas as cales non ten resposta xa que descoñece o que fan os seus compañeiros de goberno. ¿Qué se pode agardar dunha persoa tan ambiciosa que colleu a Alcaldía con só 200 votos, tragando con todas as contrapartidas que lle impuxeron os seus socios de goberno?

4. Dende o BNG agardamos que estas situacións non se volvan a repetir e impere a cordura neste desgoberno e que non priven a máis do 40 % do electorado de estar representado nos plenos.

Pontecesures, 2 de agosto de 2008

CONSELLO LOCAL DO BNG DE PONTECESURES
Powered By Blogger