O BNG quere manifestar con respecto á recente contratación de 9 operarios por parte do Concello de Pontecesures dentro do programa de cooperación coa Xunta de Galicia para o fomento do emprego, e despois de visto o expediente de selección dos aspirantes o que a continuación segue:
1. Nas contratacións feitas dende o ano 2007 nas administracións públicas a lei esixe a creación dun tribunal de selección no que non participen políticos, neste caso observamos que os membros do tribunal foron designados de maneira que fosen aqueles traballadores máis afíns ao poder político; por exemplo neste tribunal non figura ningún dos representantes sindicais dos traballadores, por algo será. Este tribunal máis que seleccionar adicouse a “cadrar baremos e puntuacións” para cumprir coas preferencias do goberno local. Que non pretendan verdernos transparencia e obxectividade, pois non enganan a ninguén en Pontecesures.
2. Despois de examinados os expedientes de selección de todos e cada un dos aspirantes apreciamos unha cantidade apreciable de irregularidades, destacando:
1º. Que en ningún dos casos se esixíu documentación que acreditase a situación laboral ou persoal das candidatos que ían contratar. Dándose nalgún dos expedientes que os aspirantes manifestaban situacións e circunstancias que non se asemellaban en ningún caso coa realidade laboral ou persoal.
2º. Nalgúns dos expedientes atopáronse rectificacións feitas a lapis variando deste xeito as puntuacións ou nota . Rectificacións feitas por algún membro do tribunal, entendese que esto foi feito así para redondear puntuacións que aos membros do gobernos lles interesase que fosen mais altas; ou máis baixas, segundo os casos,.Dende logo non ten outra explicación.
3º. En certos casos do proceso de selección non se realizou entrevista. Se coñece que non conviña facela. E demostra outra vez mais a pouca vergoña que houbo, por parte do governo neste proceso.
3. Non é intención do BNG desacreditar aos membros do tribunal de selección xa que ao noso entender son só marionetas cuios fíos moven os membros do governo local. Tampouco o BNG pretende desmerecer aos traballadores seleccionados que para nós son tan bos coma calquera outro. Nembargantes o BNG cree que estas contratacións, carecen de obxectividade e transparencia, aspectos fundamentais dos que fachendean Maribel Castro e compañía, e veñen a corroborar as sospeitas manifestadas por moitos dos aspirantes na sellección feita.
Pontecesures, 19 de xullo de 2008
CONSELLO LOCAL DO BNG DE PONTECESURES