domingo, 6 de julio de 2008

Tremenda cara dura e falta de vergoña

O BNG quere manifestar con respecto a inauguración das novas instalacións do Clube Náutico de Pontecesures no día de onte 4 de xullo o seguinte:

1. O noso grupo felicitase de que despois dos anos de bandazos que levou esta obra por fin está rematada mellorando notablemente as instalacións náuticas, aumentando a capacidade e rehabilitando íntegramente o antigo hangar. Por fin os deportistas disporán dunhas instalacións á altura dos logros conqueridos nos derradeiros anos. O BNG quere agradecer á Consellería de Cultura e Deporte o seu apoio a este proxecto, asi como tamén ao ex-alcalde Luís Álvarez Angueira que sin o seu empeño xamais veríamos feita esta obra.

2. Sorprendenos a desfachatez e a cara dura dos concelleiros do PP, encabezados por Rafael Randulfe, pois sistemáticamente o seu partido votou, ata en cinco ocasións, en contra deste proxecto negándolle aos deportistas a posibilidade de desfrutar destas instalacións. E chegando incluso onte a traer un representante da Deputación de Pontevedra que non puxo un só euro de investimento nesta nova infraestructura, xa que foi financiada íntegramente pola Xunta de Galicia e o concello de Pontecesures. Esta actitude demostra que para algúns todo vale con tal de saír na foto e botarse flores dunha obra que nunca apoiaron e nunca quixeron facer, pero que non esquezan que a xente de Pontecesures ten boa memoria e acórdanse do que fixeron no pasado.

3. Os ediles do BNG estiveron presentes na inauguración destas novas instalacións e a sorpresa desagradable que levaron foi cando se descubríu unha placa na que aparecía como valedora desta obra a actual alcaldesa Maribel Castro, sabendo todos os veciños as veces que esta señora votou en contra do proxecto do Náutico ata que o BNG tivo que negociar a súa entrada no anterior governo municipal para que este personaxe apoiara deste xeito a obra; e no último orzamento municipal rebaixou á metade a subvención anual ao Clube Náutico. Outra que quere sumar puntos a costa dunha obra que nunca apoiou, o mesmo que o PP.

Pontecesures, 5 de xullo de 2008
CONSELLO LOCAL DO BNG DE PONTECESURES
Powered By Blogger