miércoles, 9 de julio de 2008

ALEGACIÓNS DO BNG AO IMPOSTO DE PLUSVALÍAS

Presentado no rexistro do concello o 09/07/2008

Sra. ALCALDESA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE PONTECESURES

D. José Antonio Baliñas Pazos, con D.I. 35.442.755 P, con domicilio na rúa Infesta, num. 6, no concello de Pontecesures, como concelleiro do grupo municipal do BNG e no seu nome

EXPÓN

PRIMEIRO: Que mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, nº 114 de data 13 de xuño de 2008, sométese a información pública o “acordo de imposición e ordenación da Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana”.

SEGUNDO: Que facendo uso dos seus dereitos e no relativo á información pública da “Ordenanza Fiscal reguladora do Imposto sobre incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana”, formulo as seguintes

ALEGACIÓNS
En relación co acordo adoptado polo goberno local para estabelecer o imposto de plusvalías, para gravar as operacións que realicen os veciños e veciñas de Pontecesures no momento da venda ou transmisión das súas propiedades, o BNG tense manifestado, no Pleno onde se acordou o estabelecemento, contrario a aplicar este imposto neste momento, no que as economías familiares empezan a notar a crise importante que se aveciña. Non é o mellor momento para aplicar este imposto.

Ademais, a proposta do goberno municipal aprobada polo Pleno estabelece a aplicación de porcentaxes sobre o valor do terreo de naturez urbana, que tamén efecta ás vivendas, para determinar logo o importe sobre o que hai que aplicar o imposto, e que, xa neste caso, se aproximan aos máximos estipulados pola lei. Así:


Tempo Porcentaxe acordado Porcentaxe máximo
polo goberno local que permite a lei
Entre 1 e 5 anos 3,5% 3,7%
Até 10 anos 3% 3,5%
Até 15 anos 2,7% 3,2%
Até 20 anos 2,4% 3%


Ou sexa, cando se pode estabelecer unha porcentaxe simbólica do 0,1% ao 1%, por exemplo, o goberno local estabelece case o máximo permitido pola lei.

Ademais, se até agora estivemos a falar da cantidade que vai servir de base para aplicarlle o imposto, que como vemos xa vai ser alta grazas ao porcentaxe aprobado polo goberno local; agora falaremos do propio imposto. O imposto aprobado e que debe pagar, teoricamente, quen transmita a propiedade do terreo, porque sabemos que moitas veces son os que compran os que acaban pagando esta plusvalía, esta vai ser o 25% do resultado de aplicar a porcentaxe expresada no cadro de arriba sobre o valor do terreo, cando a lei estabelece que este gravame non pode exceder do 30%..

Por todo elo,
SOLICITO

 Que tendo presentado este escrito, sexa admitido a trámite, e que se teña en conta para anular a aplicación do imposto..


Pontecesures, a 8 de xullo de 2008
José Antonio Baliñas Pazos
Powered By Blogger