D. Manuel Luis Álvarez Angueira, con DNI nº 35441300-W e D. José Antonio Baliñas Pazos, con DNI nº 35442755-P, concelleiros desta Corporación e membros do Grupo Municipal do BNG, apresentan esta moción para que sexa incorporada na orde do día do próximo pleno ordinario.
Exposición de motivos
Dende hai varios meses ampliouse a parada de taxis co obxecto de que tódolos taxis existentes no concello estivesen ocupando dita parada. E tamén se ampliou en 2 prazas máis en previsión de que no futuro poidera algún taxista incorporarse nesta parada.
Pasado este tempo, obsérvase claramente que a parada apenas é usada polos taxistas, quedando así moito espacio libre que non pode empregarse por ninguén..
Hai que ter en conta que a parada de taxis está situada na rúa principal en nun dos lugares más céntricos de Pontecesures, e ter prazas de estacionamento non utilizadas está a crear certo malestar entre os veciños
que observan como este espacio non é empregado polos taxistas nin pode selo tampouco polo resto dos vehículos.
Comprometeuse a Sra. Alcaldesa en Pleno, a que, se non se facía uso da parada por parte dos taxistas, procederíase a revisar o espacio destinado para tal fin.
Por todo o exposto, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordó:
Que a Sra. Alcaldesa dé as ordes oportunas aos operarios municipais para reducir o actual espacio da parada ás prazas dos vehículos que están a facer uso da mesma tódolos días.
En Pontecesures a 19 de xaneiro de 2008