Moción deAdhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”
D. Manuel Luis Álvarez Angueira, con DNI nº 35441300-W e D. José Antonio Baliñas Pazos, con DNI nº 35442755-P, concelleiros desta Corporación e membros do Grupo Municipal do BNG, apresentan esta moción para que sexa incorporada na orde do día do próximo pleno ordinario.
Exposición de motivos
A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a FEGAMP asinaron, no marco do Pacto Local, un Protocolo de creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinado o 24 de abril de 2006 en Santiago polo Vicepresidente da Xunta de Galicia e o presidente da FEGAMP.
O consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten como finalidade implantar un modelo homoxéneo na prestación dos servizos de igualdade e benestar e estase a converter nun instrumento prioritario e fundamental no proceso de construcción, mellora, reforma ou adaptación dos centros: escolas infantís, centros de día da terceira idade, casas de xuventude,,etc, e no proceso de posta en marcha de fórmulas de cooperación na xestión dos centros existentes.
O Consorcio constituíuse por Resolución de 4 de xullo de 2006 da Secretaría Xeral de Igualdade e os Estatutos publicáronse no DOG nº 131 do 7 de xullo de 2006.
Doutra banda, dende xuño do ano 2005 funciona no noso concello a Escola Infantil Municipal, cun orzamento importante que se sufraga a tres bandas, por un lado coas aportacións das cuotas dos usuarios, por outra coa aportación que realiza a Administración Autonómica a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e finalmente o Concello sufraga o resto do orzamento.
Obsérvase que as aportacións da Administración Autonómica diminuiron no ano 2007 con respecto ao ano 2006 e esto é debido a que o noso concello non está adherido ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co que nas arcas municpais está a recaer un maior peso no gasto do coste da Escola Infantil.
Por elo estimamos necesario que a actual Escola Infantil Municipal pase a formar parte da rede de galescolas xestionada polo Consorcio que asuma ao persoal que hoxe en día presta os servicios neste Centro.
Considerando que o noso Concello presenta unha serie de necesidades aínda non cubertas, especialmente en materia de persoas maiores –Centro de Día- que no ámbito local a dotación de novos equipamentos e servizos se vai realizar a través do nomeado Consorcio, e que só se fai una cesión do uso e non da titularidade do centro, ou centros,
Propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:
1º.Aprobar a solicitude de adhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e trasladar esta resolución ao mesmo, a fin de que nos remita o Convenio de Adhesión e os Estatutos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a súa aprobación.
2º Solicitar que a EIM sexa xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar logo de asumir a transferencia do persoal ao devandito Consorcio.
En Pontecesures a 19 de xaneiro de 2008