O grupo Municipal do BNG de Pontecesures quere manifestar respecto aos plans de Cooperación coa Deputación “Plan de actuación diversas en centros de servizos municipais do ano 2008”, o seguinte.
No BOP de Pontevedra de data 26 de decembro de 2007, publícase a convocatoria do devandito Plan, para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, e para contribuír a paliar as carencias de medios humanos nos concellos, mediante a contratación laboral de traballadores desempregados, ao que poden acollerse todos os concellos da provincia, e dando continuidade con elo a plans similares de anos anteriores.
O concello de Pontecesures veu participando en anos anteriores neste “Plan”, de tal xeito que desempregados do pobo teñen opción, durante cinco meses, a ocupar un destes postos, nas categorías de auxiliar, ordenanza/subalterno, oficial ou peón/operario.
Curiosamente o concello de Pontecesures quedou fora deste Plan de cooperación coa Deputación Provincial, pero non porque, aparentemente, non tivese intención de participar nel, senón porque este Goberno Municipal fíxoo fora de prazo, é dicir, deixou pasar o prazo de 15 días naturais que se establecían na convocatoria sen enviar a correspondente solicitude.
De toda a comarca do Salnés e do Ullán, o de Pontecesures foi o únco concello que quedo sen estos traballadores, podendo chegar a ter contratados a 3 como no caso de Catoira ou a 6 como no caso de Valga.
O BNG considera moi grave que desidias desta magnitude ocurran alegre e frecuentemente, pois non só se está a xogar co presente e futuro de Pontecesures, senón que tamén se está a impedir que veciños de Pontecesures teñan a oportunidade de traballar.
Parécenos insultante que este goberno, que apoia dúas dedicacións exclusivas de case 70.000 €, pagadas por todos os cesureños, non estivesen “atentos” e deixaran transcorrer os prazos sen facer nada. A súa inoperancia e ineptitude, e o de, a pesares de cobrar uns bos soldos, non estar case nunca polo concello (como ocorre no caso do Sr. Randulfe) levan a que ocorran feitos desta natureza.
O BNG esíxe públicamente una explicación de porque este goberno, con dúas personas cobrando por dedicarse en exclusiva ás tarefas de goberno, non envía a solicitude dentro do prazo.
Ante estos graves feitos, cabe supoñer que só lles interesa cobrar os seus salarios sen importarlle para nada o presente e o futuro dos veciños de Pontecesures.
Este “desgoberno” é responsable das desfeitas que están a facer no Concello, máis preocupados en despretixiarse entre eles mesmos que en gobernar Pontecesures.