Valoración do acontecido no pleno extraordinario urxente do pasado 21 de decembro.
O pasado luns 21 de decembro celebrouse un pleno extraordinario e urxente no cal os temas a tratar foron en primeiro lugar unha moción do BNG sobre o Centro de día para maiores nas antigas casas dos Mestres en contra da proposta do goberno municipal de entregarlle esos terreos ao Xacobeo para que fagan alí un albergue para peregrinos. Na orde do día, e a proposta do tripartito, figuraban tamén outros tres puntos que básicamente, pois non eran máis que cuestións procedimentais e burocráticas para, no seu día, acabar facilitándolle os terreos e edificación ao Xacobeo.
Como era de esperar o tripartito votou en contra da moción presentada polo BNG, xa que eles prefiren un albergue antes que unha infraestructura para os servizo dos nosos veciños, postura que o grupo municpal do BNG lamenta pois entendemos que se deben establecer prioridades e primero e antes que nada deben estar servizos para os veciños e logo para os de afora.
O BNG ben facendo ao longo da lexislatura unha oposición constructiva, con críticas ao que entende que está mal feito e con aportacións en positivo como nesta ocasión, proposta coa que se pode estar de acordo ou en desacordo, pero que en ningún caso merece como resposta do goberno municipal a burla, a mofa, a descalificación e o insulto. Actitude rechazable que afecta a todo o equipo aínda que proveñan dunha parte dos seus membros. Esta foi a actitude que mantivo tanto o tránsfuga Sabariz como o portavoz do PP Rafael Randulfe.
O Sr. Randulfe, unha vez máis e xa dentro da súa liña habitual de actuación, voltou a mostrar a falta de respecto polo grupo maioritario da corporación. Asimesmo o tránsfuga Sabariz, visiblemente alterado, aparte da actitude mencionada, verteu acusacións moi graves contra o BNG. Cando se lle pediu que explicara con claridade a quen acusaba das mesmas nos remitiu, inexplicablemente, aos periódicos.
A alcaldesa manifestou levantar o pleno e tamén expulsar a alguén, o que curiosamente non acabou facendo porque tería que expulsar a algún compañeiro do tripartito. A vista da actitude do goberno municipal e de que a propia presidenta non foi quen de reconducir a situación o BNG optou por abandonar o pleno despois de votarse a moción e como protesta polo sucedido esperando que estas actitudes sexan reconsideradas de aquí en diante..