O BNG parécelle unha gran nova que, por fin, no noso pobo se poida poñer en marcha un novo OBRADOIRO DE EMPREGO, e máis tendo en conta o número de parados que hai en Pontecesures. Nembargantes, lamentamos aínda máis que o goberno local non fixera caso da proposta do BNG na que se pedía que se solicitase un cuarto módulo de carpintería o que daría a oportunidade de contar con 10 ou 15 alumnos máis; proposta que non foi tida en conta e rechazada no pleno polo grupo de goberno.
A pesares de solicitar só 3 módulos: Xardinería, Construcción e Enerxías Renovables de 15 alumnos cada un, a Xunta reducíu aínda máis este Obradoiro concedendo únicamente 33 alumnos no canto dos 45 solicitados. O BNG non comprende esta rebaixa tan significativa no obradoiro por parte do goberno autonómico “amigo” do Sr. Rafael Randulfe, o que ven a demostrar o pouco peso político deste personaxe, tendo en conta tamén que noutros concellos non gobernados polo PP a Xunta concedeu Obradoiros con máis alumnado que o de Pontecesures.
O BNG insta a todos os desempregados de máis de 24 anos de Pontecesures a que acudan antes do día 11 de novembro ás oficinas municipais a anotarse para este Obradoiro de Emprego.
Por outra banda, o BNG esixe do goberno local que a selección tanto dos alumnos como do resto de persoal do Obradoiro se faga de xeito transparente e xusto.
Pontecesures, 6 de novembro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES