O pasado 22 de novembro apareceu nos medios unha nota do governo municipal, na cal informa da construcción dun albergue para os peregrinos nas antigas vivendas dos mestres na rúa Pousa Antelo. Ao respecto, o BNG quere manifestar o seguinte:
Os terrenos e edificacións da que estamos a falar, foron cedidos ao concello de Cesures na anterior lexislatura cando governaba o BNG tanto no concello coma na Xunta de Galiza. Tras anos de xestións o anterior governo logrou que a Conselleria de Educación traspasase a titularidade dos mesmos para o concello. A intención do BNG era, e segue sendo, a de construir un Centro de Día para os nosos maiores, idea nal cal coicidíamos todos. A nosa desagradable sorpresa ao enterarnos polos medios que o goberno municipal pretende facer un albergue cedendo os terrenos e edificacións ao Xacobeo.
O BNG considera que este emprazamento, ao carón da escola infantil e do colexio, é idoneo para a consrucción dun Centro de Día e non para un albergue. Para nós un albergue non é prioritario hoxe por hoxe en Pontecesures e con iste investimento poderíase empregar para recuperar o camiño de Santiago en zonas totalmente abandonadas coma Condide, o Couto, Carreiras ou Infesta como xa fixo o anterior governo do BNG no tramo de San Xulián.
Ademais consideramos que levar o albergue lonxe do centro urbán, onde se atopa a maior parte da hostelaría, fará que o mesmo teña unha repercusión case nula na economía local.
Este desgoverno local carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo, esquecendo totalmente aos nosos maiores que continuarán indo aos centros de día doutros concellos limítrofes. O BNG pídelle á alcaldesa Maribel Castro e aos seus socios (o tránsfuga Sabariz e o concelleiro do PP Rafael Randulfe) que recapaciten a súa decisión e que prioricen os investimentos segundo as necesidades do noso concello, apostando por infraestructuras, primeiro, para disfrute e servizo dos nosos veciños.
Para nós a construcción dun Centro de Día non só beneficiará aos nosos maiores senón que tamén creará, na súa medida, postos de traballo, tan necesarios nestes tempos. O BNG non se opón a construcción dun albergue, pero consideramos que o lugar escollido polo governo municipal non é o axeitado e o investimento no mesmo por parte do Xacobeo (400000 euros) deberíase empregar na súa totalidade na mellora do rural por onde transcurre o camiño Xacobeo Portugués continuando co traballo comenzado en San Xulián.
Grupo Muncipal do BNG de Pontecesures.