sábado, 24 de mayo de 2008
As normas, para os outros
O BNG quer denunciar públicamente a realización dunha obra, ao noso entender ilegal, levada a cabo por un familiar directo da Alcaldesa Maribel Castro. Dita obra consiste nun movemento de terras con posterior recheo, no camiño da Toxa á altura do canal do regadío, zona coñecida como “A Cruxa” e afectando ao propio canal de regadío.
Dita obra de recheo (terra e pedras) debe contar coa licenza municipal oportuna e o permiso de Augas de Galicia, dado que a súa proximidade ao canal pode provocar a caída de pedras e terra no interior deste, imposibilitando o uso do mesmo.
Para o BNG esta obra carece dos permisos pertinentes, demostrando unha vez máis a política clientelista en temas urbanísticos, beneficiando sempre aos seus apoios políticos e familiares. Nós non entendemos como os seus socios de goberno (Partido Popular e Sabariz) poden facer a vista gorda ante tales prácticas.
Estas actuacións irregulares son inconcebibles nestes tempos que corren. A xestión do urbanismo e obras non pode ser utilizada de maneira partidista beneficiando aos seus e prexudicando aos demáis veciños do pobo.