lunes, 19 de mayo de 2008

Agora o colexio pouco importa








O BNG informa acerca do mal estado no cal se atopa o CPI de Infesta e o seu recinto escolar. Obsérvase un total abandono destas instalacións que se aprecia a simple vista. Destacamos:
1.- O patio escolar, zona de lecer e esparcemento para os alumnos, atópase con abundante maleza, de máis dun metro de altura e lixo abundante. Nas actuais condicións difícilmente os rapaces poden aproveitar convintemente as instalacións educativas.
2.- Os canalóns do edificio da ESO atópanse totalmente atorados discurrindo a auga da choiva pola parede do edificio, incluso pódese observar baixantes totalmente corroídas polo óxido que, aparte de ofrecer un lamentable aspecto, supón un risco evidente para os alumnos.
Para o BNG o único responsabel do estado de abandono das instalacións educativas é a actual equipa de goberno que ten a responsabilidade e obriga de manter en perfecto estado ditas instalacións, para o cal dispoñen de fondos específicos da administración autonómica.
Ao parecer este goberno prioriza outro tipo de actuacións (actos lúdico-festivos, relixiosos, etc) e deixa de man cousas , ao noso parecer, moito máis importantes como son manter en bo estado as instalacións municipais, en concreto as do CPI de Pontecesures.
18 de maio de 2008
Consello Local do BNG
Powered By Blogger