Na obra acometida por Medio Rural na pista que une a Toxa con Carreiras, apenas se ganaron 50 cm. de ancheamento, obra na que, por certo, se invistíu unha cantidade moi importante de euros.
¿Porqué non xestionaron unha ampliación maior para, alomenos, permitir un cruce de 2 vehículos simultáneamente?
As obras do camino de San Xulián, ¿qué pasa con elas? Está a sufrir múltiples e constantes modificacións e non se da rematado.
¿Hai algún veciño que puxo problemas sobre a obra? Senón foi así ¿porqué tantas modificación e retraso?
Que volta a suceder co alumeado público da rúa Estación, da rúa Sagasta, da Rosalía de Castro, etc, pois teñen numerosas avarías que ou non queren ou non son capaces de resolver. Os veciños afectados non teñen culpa da súa inoperancia.
Na Avenida de Arousa, un veciño, concretamente o Sr. Quintá, colocou un tubo de escasas dimensións no regato, e en época de chuvias provoca a anegación da estrada e das casas próximas ¿qué medidas pensa tomar o concello para que esto non ocurra?
Hai socavóns importantes na zona do peirao á altura da piscina. Pídese que comuniquen a Portos, xa, estas deficiencias para que sexan subsanadas o antes posible.
O BNG se felicita porque despois da denuncia feita nos medios, polo lamentable e perigoso estado no que se atopaba o valado perimetral da pista deportiva da Calera, actuaran vostedes ao día seguinte.
Pero, ¿van a seguir actuando no futuro da mesma maneira, só a remolque das queixas que presenta o BNG?
Non obstante, a pesares de que levantaron o valado, segue estando perigoso, ¿a que esperan para substituir definitivamente este valado? ¿É que pretenden agardar 2 anos, ou máis, a que actúe na zona Portos de Galicia?
Despois da implantación da zona azul, co reparto de 2000 discos, reparto que sin duda foi un auténtico desastre (1º se anunciou que os discos se repartían en Caixanova e mais no concello, logo llos retiran a Caixanova para o concello, procedendo a un reparto de tal xeito que parecía que ao veciño do pobo se lle estaba a facer un “favor”, tal é así que se daban hasta no despacho da alcaldía. Houbo casi unha disputa por haber quen daba os discos. Nos chegaron queixas de persoas que pasaron polo concello a solicitar un disco e a resposta que tiveron foi que non llo podían dar porque os tiña o concelleiro Sr. Rey e que voltara por alí noutro momento. Polo que parece, outro levou feixes de discos para a súa casa para así ir “vendendo” a título persoal o favor.
Pregúntase ¿os novos discos vanse repartir do mesmo xeito? ¿Únicamente no concello?
Parece ser que pretenden repartir só 1 por casa. En moitas casas hai máis dun coche, que os empregan conductores diferentes, polo xeral. ¿Pretenden que mentras un coche veña a comprar e estacione na zona azul o outro ou os outros teñan que quedar na casa á espera do regreso do disco para poder estacionar no centro do pobo? É un sinsentido
¿É certo que alguna empresa comprou discos pola súa conta?
¿A quen llos comprou?
Despois do desastre de reparto que supuxo a primeira remesa de discos, o BNG propón que esta segunda remesa se reparta do mesmo xeito que se fai en todos os sitios. Que os discos se distribúan polos establecementos do pobo e sexan éstos quen os repartan entre os seus clientes.
A depuradora de augas residuais segue en proba, Sra. alcaldesa, vostede dixo na televisión que o problema é que lle faltaban unhas pezas, ¿Cándo vai a funcionar definitivamente?. É lamentable que diga diante do pobo e de toda a comarca que o da depuradora non é cousa súa, que é problema da empresa.
¿Cal é o motivo porque a gasolinera Campsa (a de San Xulián) se nega a subministrarlle combustible ao Concello?
Sra. Alcaldesa, ¿Cántos museos, ao seu xuízo, hai en Pontecesures? Non contará como tales os que hai en Padrón, porque se dedicou na entrevista de TeleSalnés a promocionar Padrón e a Pascua.