viernes, 30 de octubre de 2009

O vehículo desaparecido



O pasado xoves 22 de outubro no incendio da carnicería da rúa San Lois interviron para a súa extinción unha motobomba e unha pick-up de Protección Civil de Padrón así como voluntarios de Protección Civil de Pontecesures.

O BNG pregúntase porque non interveu neste operativo o coche de emerxencias (pick-up) do Concello de Pontecesures do que tanta propaganda fixo o goberno local.

Según a nosa información este vehículo está gardado baixo chave no soto da Casa do Concello non estando a disposición permanente da Agrupación Municipal de Protección Civil. Parécenos lamentable o mal uso que se está a facer deste coche de emerxencias.

Durante o incendio, cando os veciños que presenciaban as labores de extinción interpelaron ao Sr. Alcalde Accidental -alí presente- Rafael Randulfe o porque non se encontraba alí o devandito vehículo, éste, co seu cinismo habitual, respondeu que o vehículo estaba nese momento realizando outras tarefas; cousa que nos consta que é mentira.

Dende o BNG instamos ao goberno municipal a que lle dea operatividade a este vehículo poñendoo a disposición da Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, xa que para este fin foi adquirido.

Asemesmo, insistimos en lamentar unha vez máis que teñan que vir medios doutro concello cando esta pick-up se mercou precisamente para as emerxencias e ata o de agora só se está a utilizar para servizos de limpeza do concello.

Pontecesures, 30 de outubro de 2009
GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE PONTECESURES

viernes, 23 de octubre de 2009

Xa basta de enganos


O BNG de Pontecesures ao respecto da instalación da rede wifi municipal quere manifestar o seguinte :

Como supoñíamos e denunciamos en diferentes ocasións (nos plenos e medios de comunicación) a rede wifi aínda non està operativa, a pesares de que o concelleiro do partido popular Rafael Randulfe, (así tamén o fixo o tránsfuga Sabariz), prometeu ata a saciedade que ía estar en funcionamento a finais do ano 2008.

Así nos invadían nos medios de comunicación en febrero de 2008 “ Pontecesures contará con wifi gratuito en todo su territorio. El sistema llegará a todos los núcleos a través de 14 antenas conectadas a un ordenador situado…” En noviembre dese mesmo ano o desgoberno municipal emitía un novo comunicado ao pobo a través da prensa escrita con expresións como: “Pontecesures tendrá su red inalámbrica de comunicación antes de que expire 2008, a pesar de que se ha ido encontrando con diversas dificultades en el proceso de instalación”. Pero de rede wifi nada de nada.

En marzo de 2008 o tránsfuga, a través dos medios afirma que “Pontecesures contará con rede wifi en el plazo de un mes logo de asinar o contrato coa empresa o 25 de marzo” . O mesmo anuncio se fai en agosto e a mesma información se da no pleno de setembro, que en mes, mes e medio, estará a rede operativa en todo o término municipal. Mentira tras mentira como o demostra a realidade.

Unha vez mais Rafael Randulfe engana aos veciños/as de Pontecesures . As súas mentiras e artimañas xa non collen por sorpresa a ninguén . Recordemos que xurou non dar na pasada investidura a alcaldia a Maribel Castro e chegado o día do pleno non tivo escrúpulos en apoiar a Sra Castro colocando de alcaldesa ao candidato menos votado .

A pesares disto o mais grave, como sospeitamos , é que tan só se colocaron tres antenas da citada rede , ubicándose as mesmas nas rúas centrais do noso pobo, esto implica, como denunciamos en moitos plenos, que a rede wifi só abarcará unha mínima parte do municipio quedando moitos veciños sen cobertura.

Este desgoberno segue a menospreciar aos cidadáns de Cesures e clasificaos en dúas categorias: os de primeira e os de segunda. Queremos recordarlle ao goberno municipal que todos os cidadáns pagan impostos por igual e polo tanto teñen os mesmos dereitos . Este trato desigual xa ocurreu cos fondos estatais que foron invertidos por completo nas rúas centrais .

O BNG esíxelle á alcaldesa Maribel Castro que deixe de enganar constantemente ao pobo, que a rede sexa realidade dunha vez por todas (a empresa incumpríu todos os prazos establecidos no contrato que fixo co concello e este mira para outro lado) e sobre todo que o servicio de internet wifi chegue a todos/as veciños/as do noso pobo e que non continue menospreciando a maior parte da poboación recordándolle ademais que é alcaldesa de todos/as por igual.

Grupo Municipal do BNG

domingo, 18 de octubre de 2009

Baixada de pantalóns colectiva


O BNG de Pontecesures quere manifestar, en relación coas declaracións feitas polo presidente de Portos de Galicia a respecto do proxecto de remodelación da zona portuaria que foi aprobada en pleno por toda a corporación municipal, o seguinte:

1.Sorprende que un proxecto de case 4 millóns de euros, que fora solicitado polo anterior goberno municipal encabezado polo BNG, se diga que non satisface aos veciños de Pontecesures. Non entendemos porque, como xa está sendo habitual co PP, todo proxecto elaborado e presentado polo goberno bipartito da Xunta de Galicia é botado abaixo, argumentando neste caso, de forma insultante que se trata dun proxecto malo.

2.Criticar ao goberno municipal actual de Pontecesures que non fagan todas as xestións necesarias para que este proxecto non sexa derrubado, e en cambio se contenten cun lavado de cara que pretende facer Portos de Galicia na zona do peirao de cara ao Xacobeo do próximo ano. Lavado que para nada ten que ver co proxecto inicial, quedando só algunhas actuacións simples que non poñen en valor a recuperación do peirao como zona de lecer.

O goberno municipal, inexplicablemente, encarta as orellas e non esixe que se cumpra o que foi elaborado polo anterior goberno da Xunta e que foi aprobado en pleno por todos os grupos municipais que configuran hoxe a corporación municipal, pleno celebrado en xaneiro de 2008.

Naquel intre dende o tripartito se valorou moi positivamente o anteproxecto presentado por Portos de Galicia, en ningún momento lle pareceu “malo” aprobando así un convenio con Portos de Galicia para a execución e mantemento das obras de remodelación da zona portuaria e solicintado, xunto co BNG, que no proxecto definitivo se incluísen algunhas melloras, de pouco custe económico pero necesarias.

Responsabilizamos directamente á alcaldesa Maribel Castro desta baixada de pantalóns colectiva, non defendendo os intereses dos veciños e nen sequera defender un proxecto aprobado por ela mesma. Ante esto, o BNG pregúntase, ¿para que cobra o salario pagado por todos esta señora?

O BNG esixe que o goberno de Pontecesures loite para que non se lle tome o pelo aos veciños e veciñas do noso pobo, como realmente está a suceder coa perda desta importante inversión de case 4 millóns de euros.

Grupo Municipal BNG Pontecesures

miércoles, 15 de julio de 2009

Cecilia Tarela nova responsable local do BNG de Pontecesures

A Asamblea Local do BNG de Pontecesures reuníuse na tarde do martes 14 de xullo para renovar a directiva do Consello Local.
Por unanimidade de todos os asistentes saíu elexida como nova responsable local, en sustitución de D. Xurxo Gerpe Jamardo, Dª Cecilia Tarela Barreiro.

domingo, 12 de julio de 2009

Máis de tres meses e inda non hai contas da lamprea.Vaia goberno

O pasado 10 de xuño o BNG solicitou via rexistro no concello a seguinte informacion: contas detalladas da Festa da Lamprea (6 de abril) mais da Feira do automovil 5-6 abril), esta última promovida e organizada dende o concello. A dia de hoxe (10 de xullo)todavia non recibimos contestación algunha, e xa pasaron máis de tres meses dende a sua celebración. ¿Como e posible que aínda non estean feitas? Ou o que é ainda peor, quérenllas ocultar a oposición. Hoxe mesmo foron solicitadas por 2º vez esta semana respondendo a Sr Castro que "xa llas pedira o Sr Rey". Pero seguen de todas as maneiras sen aparecer.

Esto demóstranos a falla de transparencia que ten o desgoberno de Pontecesures, o que algúns empregaron coma bandeira política nas pasadas eleicións municipais agora que están no goberno esquécense de aplicala.

Para nós é inaceptable e antidemocrático este feito, e ven a demostrarnos unha vez maís a madeira da que esta feita a nosa alcaldesa Maribel Castro.

Esperamos dende o BNG que con toda celeridade nós sexan entregada istas contas requeridas, para poder examinalas e valoralas polo miudo e asi poder informar aos veciños de Pontecesures que teñen todo o dereito do mundo a coñecer en que se empregan os seus cartos .

domingo, 5 de julio de 2009

Xa non lle interesa nin o "Centro de día" nin o "Parque Empresarial"

O pasado dia 27 de xuño , visitou Pontecesures o delegado territorial da Xunta D. Jose Manuel Cores Touris que foi recibido polo goberno municipal. A esa xuntanza non foron invitados os concelleiros do bng, que recordamos representan mais do 40% dos veciños do noso pobo. Isto demostra unha vez mais o talante antidemocrático da alcaldesa Maribel Castro e dos seus apoios, que "esquécense " de avisar ao BNG , tal vez sexa por que nós demostrariamos nesa xuntanza que iste goberno carece de ideas e proxectos de futuro para o noso pobo .

Nesa reunion con Touris o goberno municipal non falou cunha voz única senon que cada membro dodesgoberno pedia o primeiro que lle pasaba pola testa demostrando a incapacidade que teñen istes personaxes para gobernar Pontecesures.

A xuizo do BNG quedaron no tinteiro proxectos tan importantes coma o poligono industrial tan necesario nestes tempos de crise para incentivar o desenvolvemento industrial e o emprego; tampouco se falou do centro de dia quedando os nosos maiores esquecidos.

O BNG querelle recordar a este desgoberno municipal que é, con claridade a primeira forza política no concello de Pontecesures, representando a unha boa parte dos veciños e veciñas e se carecen de ideas e proxectos poden revisar o programa electoral do BNG das pasadas eleccións municipais .
Asamblea Local BNG Pontecesures

domingo, 14 de junio de 2009

O BNG co Obradoiro de Emprego

O pasado xoves día 11 levouse ao pleno unha moción para a aprobación e solicitude do proxecto de Obradoiro de Emprego para o noso concello.
O Grupo Municipal do BNG, ve deficiencias notorias tanto no proxecto en si, como no propio proceso de solicitude, e así o fixo constar no pleno.
Criticamos a tardanza en presentar este proxecto ao pleno. O derradeiro obradoiro de emprego rematou a súa actividade en decembro de 2007, e dende entonces ata hoxe transcorreron prácticamente dezaoito meses, chegando agora “tarde, mal e arrastro” pois tivo que convocarse un pleno extraordinario coa máxima urxencia, agotando todos os prazos, porque de non ser así o luns remataría o prazo estipulado para presentar a solicitude e se tería perdido todo o ano, tendo que esperar para poder facer a solicitude ata marzo do ano 2010. Dende O BNG criticamos este feito, e máxime cando xa se perdeu a oportunidade de realizar esta solicitude no pasado mes de marzo, perdendo así a primeira convocatoria do ano e non entrando polo tanto a “competir “ con proxectos doutros concellos, tempo perdido que outros nos levan adiantado . Asimesmo o BNG lamenta que non tivera á súa disposición, para a debida consulta e estudio, a totalidade do proxecto como é preceptivo, chegando ao pleno sen coñecer en detalle o mesmo.
En canto ao contido do proxecto, o BNG lamenta que non se conte alomenos cun cuarto módulo (só se solicitan tres), no que ao noso xuízo debería estar incluido un módulo de carpintería, con outros 15 alumnos-traballadores, dado que, en canto a materiais, ao concello non lle sairía moi caro ao contar coa maquinaria adquirida xa para o último obradoiro e que se atopa gardado na nave-almacen do propio obradoiro. Estaríamos dando oportunidade de formación a máis alumnos, diversificando máis a oferta formativa, aínda que a administración recortase algo, como soe facer, o número de alumnos por módulo, pero non vemos lóxico que sexa xa o concello o que demande menos módulos.
A resposta máis inaudita a esta petición do BNG douna sen dúbida a Sra. Alcaldesa, ao decir que xa lles pasara pola cabeza pero que decidiron non incluila porque non sabían que traballos de carpintería se podían poñer no proxecto . Esta resposta non necesita máis comentarios pois da fe, por sí soa, dos xestores que están ao frente do concello. Para porse a rir ou a chorar. Algún outro concelleiro do goberno dixo que agora xa non lle daba tempo, nin deste módulo nin do de Axuda no Fogar, ainda recoñecendo que este resulta máis atractivo que outros para os alumnos e incluso para a Administración autonómica.
Tamém critica este Grupo Municipal a temeridade e o perigo para a viabilidade do proxecto, por parte do concello, por incluir no mesmo unhas obras das que non se ten a seguridade de ter a titularidade delas no momento de, caso de ser aprobado pola administración autonómica, comezar o obradoiro. Estamos a referirnos ao entorno do “Muiño da Chancela”, pois hoxe por hoxe o concello non conta co visto bo de todos os propietarios afectados, nin tan siquera co dos posibles usuarios do propio muiño.
O BNG manifestou no pleno que se dialogue e se busque o acordo cos afectados e non sea a expropiación a ameaza contra deles.
Non obstante e feitas todas as críticas e suxerencias de mellora, o BNG votou afirmativamente, pois estamos a facer, como vimos demostrando ao longo da lexislatura, unha oposición seria e constructiva, antepoñendo os intereses do pobo frente a intereses partidistas, e entendemos que na situación de crise económica actual, cun alto índice de paro no noso concello, é prioritario levar adiante actuacións que axuden a paliar os efectos do paro e a facilitar a aprendizaxe de profesións a fin de que os alumnos-traballadores poidan logo insertarse con maior facilidade no mercado de traballo.
Powered By Blogger