Esta noite deu comezo a campaña electoral para as eleccións autonómicas e concelleiros, afiliados e simpatizantes do BNG de Pontecesures participaron na xa tradicional pegada de carteis con Álvarez Angueira ao frente.
Esta ventana ten a intención principal de dar a coñecer o labor que está a desenvolver o grupo municipal do BNG no concello de Pontecesures, as súas iniciativas, as mocións , as preguntas plenarias, as notas de prensa remitidas, etc, e está aberta á participación libre de todos os cidadáns recibindo aportacións e suxerencias para mellorar o traballo como grupo da corporación.