O BNG de Pontecesures quer manifestar acerca das noticias aparecidas nos medios de comunicación no tema da investigación sobre o suposto consumo irregular de gasóleo na lexislatura anterior o que a continuación segue.
A sentenza da Audiencia Provincial o que fai é únicamente ordearlle á xuiza de primeira instancia do xulgado de Caldas a iniciar as investigación oportunas para esclarecer se houbo ou non irregularidades no consumo do gasóleo. Non hai ninguén procesado e moito menos culpable, por eso indígnannos os comentarios vertidos nos medios polo Sr. Sabariz, nos cales xa condena ao ex alcalde Angueira e ao encargado municipal Xurxo Gerpe.
Extráñanos a publicidade feita por Sabariz desta petición da Audiencia Provincial e que non a fixera en cambio dos autos xudiciais anteriores os cales archivaban e exculpaban totalmente tanto a Angueira como a Xurxo Gerpe. Ante estos autos, tanto Rafael Randulfe (PP) como Sabariz estiveron caladiños e procuraron que os veciños de Pontecesures non estiveran informados deste asunto.
É moi doado facer demagoxia con estes temas e informar intencionadamente á cidadanía no momento que pensamos que nos é favorable. O BNG recorda que o proceso de investigación segue o seu curso e cando este remate será o momento de facer as valoracións oportunas. Deixemos que a xustiza faga o seu traballo e esperemos que este proceso remate o antes posible.
Está claro que o Sr. Sabariz segue obsesionado con Angueira, e o que pretende facer con todo isto é intentar xustificar o que fixo o día do pleno de investidura no cal traicionou a todo un pobo. Para nos en política non todo vale aínda que algún utilizan os medios máis rastreros para conseguir o seu fin. Aplican a máxima do “todo vale”.
Consello Local BNG Pontecesures