sábado, 29 de marzo de 2008

Preguntas e rogos pleno de xaneiro de 2008

Hai uns días se recibiron nos domicilios notas asinadas pola alcaldía, con recomendacións en materia de lixo, práctica que nos parece ben, pero non figuran referencias de ningún tipo á recollida de aceite doméstico, ¿é que non se pensa continuar e potenciar este servizo de recollida de aceite doméstico usado?

Este concelleiro que lle fala solicitou verbalmente a finais de decembro do ano pasado información sobre os gastos e ingresos da gardería dos anos 2006 e 2007. Se me dixo por parte do persoal encargado do asunto que voltase a collelos ao día seguinte. Así o fago e se me di que, por instruccións da Sra. Alcaldesa se quero eses datos os pida por escrito. Así o fago mediante escrito entregado con data 29 de decembro de 2007.
Hoxe é o 28 de xaneiro de 2008 e non se me deron esos datos a pesares de vir polo concello alomenos nun par de ocasións a preguntar por eles.
¿Cree vostede que esa é una forma correcta de actuar pola súa parte, cando en menos de 5 minutos se poden ofrecer os mesmos?
Despois das críticas recibidas ata agora polo Sr.Sabariz sobre a tardanza do anterior goberno en deixarlle consultar os expedientes, actúan agora vostedes así.
¿Vanse finalmente a aportar os datos requeridos?

¿Porqué non se fixo a campaña de potenciación da lingua galega no Nadal do 2007 como se viña facendo nos anos anteriores?

Na zona do peirao, xunto ao parque infantil que está ao lado do Club Náutico, hai persoas que teñen cans e. ao defecar, quedan os excrementos esparcidos polo chan. Prégase que se extreme a vixilancia para solucionar este problema de saúde.

¿Onde se van ubicar as dúas áreas recreativas que concede a Deputación? ¿Cal é a achega municipal para estes investimentos?

No último temporal parece que caeu unha árbore no lugar de Fenteira que impedía o paso dos vehículos, ¿actuou o concello na retirada ou ben se lle dixo á Comunidade de Montes que o tiñan que retirar eles?

¿Ten pensado o concello contratar a unha persoa como educadora familiar, tendo en conta que a actual traballadora social desenvolvía antes ese posto e agora ninguén se ocupa desas funcións?

Pídese que sexan retiradas unhas persianas que están depositadas a carón dos contenedores de lixo da rúa Sagasta e xa levan alí algún tempo dando unha imaxe mala para o pobo.

¿Hai alguna orde dictada á Policía Local para avisar aos propietarios de vehículos estacionados pola noite nas rúas? Isto ten que ser así pois a algún veciño lle deron unha chamada de atención porque o seu coche “durme” na rúa

Antes do Nadal enviaronse cartas aos empresarios solicitando donativos para as actividades organizadas en ditas datas. ¿Cánto se recaudou e canto se gastou? ¿Tivo que poñer o concello alguna achega?

O sábado 19 de xaneiro, subindo pola pista de Condide, circulaba un tractor, con escombros, enseres e lixo, conducido por un veciño para depositalos na pista da Barosa, o que nos parece mal, pero o máis grave e que lle axudaba a depositar alí o material un empregado municipal.
¿Tiña vostede coñecemento destes feitos?
Móstranse ao pleno fotografías do vertedoiro ilegal e solicítase que se extreme a vixilancia para evitar máis acumulación de lixo e escombro na zona.

sábado, 15 de marzo de 2008

Abandono pista polideportiva da Calera


15/03/08
CONSELLO LOCAL BNG PONTECESURES
O gobernó municipal encabezado pola alcaldesa Maribel Castro non ten ningunha preocupación polo deporte, recortando subvencións aos clubes deportivos (como así pasou nos orzamentos do ano 2007), nin pola infraestructuras deportivas municipais. O BNG xa preguntou en varios plenos polo deficiente mantemento da pista polideportiva da Calera.

Antes de “arrebatar” a alcaldía ao BNG esta pista quedou en perfecto estado para o seu uso polos rapaces de Pontecesures. Neste oito meses de lexislatura abandoouse totalmente esta instalación atopándose dende hai uns meses nun estado ruinoso e moi perigoso co valado perimetral tirado a ras do chan e cun evidente perigo manifesto para calquera usuario.

O único que se lle ocorre á alcaldesa Maribel Castro, máis preocupada en vender favores aos seus apoios electorais, é colocar un cartel que advirte aos usuarios que esta instalación está fora de uso. Este cartel leva colocado a friolera de catro meses, pero non se impide físcamente o acceso á pista polideportiva.

Para o BNG a práctica deportiva xenera hábitos de vida saudabeis, e Pontecesures non está sobrada de instalación deportivas, polo que non entendemos o abandono que está a sufrir esta pista por parte do actual “desgoberno”

jueves, 13 de marzo de 2008

16 DE XUÑO: ENGANO A TODO UN POBO

Fagamos un pouco de historia: Cos resultados das eleccións municipais o pobo falou claro quen debía gobernar este concello. O BNG con 838 votos foi a forza máis votada con ampla diferenza respecto ás outras formacións políticas que se presentaron (PP: 616, PSOE: 365 e IP: 205).
A pesar desta diferenza, o BNG non puido acadar a Alcaldía. Os 5 concelleiros do BNG, frente aos 3 do PP, 2 do PSOE e 1 de IP; non foron suficientes para obter a maioría que permitise manter un goberno progresista en Ponte­ce­sures.
Compre lembrar aos veciños que o PSOE e o BNG tiñan asinado un acordo a nivel galego que permitira a gobernabilidade da forza máis votada das dúas, neste caso correspondería ao BNG, pero os intereses particulares e revanchistas dos señores Sabariz e Diz e os seus pesaron máis á hora da elección do novo goberno, dándolle á Alcaldía á lista menos votada (IP con tan só 1 concelleira) e facendo equipo co PP. Esta decisión dos socialistas supúxolles a expulsión do partido aos dous concelleiros non podendo dende aquela utilizar as siglas do PSOE por ser uns tránsfugas que non acataron a decisión dos órganos do seu partido.
De todos os xeitos, os concelleiros eleitos do PSOE eran conscientes do que ían facer: por unha banda desprazaron aos “historicos” do PSOE do Sr. Gerpe, sabendo que eles baixo as siglas socialistas ían a conquerir máis votos que presentándose como independentes.
Tamén é certo que o PP con 3 concelleiros e sendo a segunda forza máis votada non tivo escrúpulos a hora de votar para a nova alcaldesa de IP, en troques de propoñer como alcalde ao seu candidato que foi o que elixiran os seus vo­tantes. Houbo, polo tanto, un vil engano por parte destes dous partidos: o PP enganou ao seu electorado ao votar co­mo Alcaldesa a Maribel Castro; e o PSOE enganou non só ao seu electorado, tradicionalmente de esquerdas, senón que tamén enganou aos Conselleiros socialistas que arrouparon a súa candidatura na campaña electoral.
Qué dicir de Maribel Castro? Poucas palabras. Non ten inconvinte en ir co demo se este a pon de Alcaldesa. Estivo case dous anos formando goberno co BNG e cos demáis apenas se falaba, agora colleu a Alcaldía nunhas condicións de debilidade só polo protagonismo de ser Alcaldesa e tamén por 2.400 € mensuais.
Que os veciños valoren e reflexionen sobre o roubo que se fixo co seu voto.
Despois de pasados os primeiros meses do novo goberno municipal só nos queda valoralos como de INEPTOS á hora de gobernar.
Este goberno é un desgoberno que logo dos primeiros meses de goberno tan só se dedicaron a intimidar aos traballadores municipais e a xestionar do pior xeito posíbel os proxectos e obras que o BNG comezou no mandato anterior. Tampouco son quen de acadar importantes colaboracións das diferentes administracións públicas nas que a día de hoxe parece que teñen as portas pechadas.
O programa cultural levado a cabo no verán xa fora contratado polo goberno do BNG (o novo goberno recortouno), todos os traballadores que se contrataron recentemente xa foran solicitados polo goberno do BNG e estaban concedidos, todas as obras que se están levando a cabo son proxectos iniciados polo goberno do BNG, etc. Non fixeron polo tanto nada novo que nós non tiveramos xestionado. O goberno municipal caeu en mans dunha banda de ineptos que non é capaz de darlle saída aos problemas do pobo nen de buscar recursos para mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas de Pon­tecesures.
A estes persoaxes do actual goberno so os uneu un interés común: desaloxar ao BNG do poder por envexas e revanchismo, sen preocuparlle en absoluto o interese xeral do pobo.
Iso si, teñen dúas flamantes dedicacións exclusivas a Sra. Castro: 2.400 Euros e o Sr. Randulfe: 1.700 (ambos os dous con 14 pagas anuais).
O BNG é consciente de que queda unha etapa de incertidume, pero imos traballar para que concelleiros desta calaña non poñan en vergoña o nome de Pontecesures e aos seus veciños como xa o teñen feito.

XA COMEZAN AS REVANCHAS

En canto á xestión do persoal municipal que está a levar a cabo este novo goberno, o BNG está a observar certos comportamentos, por parte da Alcaldesa –xa que é ela a que se encarga persoalmente deste departamento–, que nos parecen propios doutras épocas vividas no noso pobo caracterizadas polo autoritarismo absoluto. Así, son constantes as ameazas veladas aos traballadores, advertencias sobre a continuidade no seu posto de traballo, citas no despacho da Alcaldesa nas que o saúdo inicial por parte desta en troques de ola é: “si no estas contento tienes las puertas abiertas” ou “ te voy a dar una oportunidad”. Entendemos que baixo esta presión é difícil que os traballadores desempeñen o seu posto de traballo con normalidade.
No pouco que vai de mandato xa se realizou un despido improcedente, tal e como o admitíu o propio goberno, que ten que indemnizar ao traballador que foi despedido sen motivo algún, a non ser que non era da corda da Alcaldesa. Dende o BNG preguntámonos se este non será o primeiro dunha serie de despidos que o único que persiguen é facer unha criba no persoal municipal daqueles traballadores que non son do agrado da Alcaldesa e os seus socios de goberno, ou ben se a Sra. Alcaldesa non terá unha foto da “manifestación da Plazuela” e irá marcando con cruces as caras dos que vai “quitando do medio”.
No tocante á contratación de novo persoal intachable, impecable, transparente,... como así fachendea o novo goberno; temos que dicir que nada máis lonxe da realidade. Se a última etapa do anterior mandato se caracterizou polas constantes e feroces críticas ao goberno nacionalista pola contratación de persoal, protagonizadas por Sabaríz, agora vemos como se están a contratar familiares dos que gobernan, membros das listas electorais dos grupos do goberno e xente afín ao tripartito. Dende o BNG queremos manifestar o noso máximo respecto e consideración polos traballadores que se están a contratar, pero tamén por aqueles que quedan fóra, xa non só no proceso de selección, senón aqueles aos que o INEM nen sequera os cita para o proceso selectivo porque a designación do posto, para así anotarse na oficina de emprego, só a coñecen con anterioridade 4 privilexiados.
Iso si, hai que recoñecerlle unha virtude a este novo goberno: a de enchufar aos seus achegados en traballos no Concello co visto e prace dun tribunal de selección nomeado a dedo pola Alcaldesa, que non foi elixido polos traballadores nen escollido pola Corporación do Pleno por poñer algúns exemplos.

DISPÁRASE O GASTO MUNICIPAL

FESTAS DO CARME 2007: 38.000 Euros de orzamento
DISPÁRASE O GASTO MUNICIPAL PARA OFRECER A MESMA CALIDADE

As Festas do Carme 2007 tiveron os orzamentos máis elevados que se recordan. O total de gastos supera os 37.000 €, dos cales 12.000 E foron recaudados na conta corrente de donativos e o resto, 26.000 E, sairon das arcas do concello; é dicir do peto de todos nós.
Aínda que aseguran que as festas foron boísimas imos a intentar desglosalas un pouquiño:
• As primeiras queixas do novo goberno viñan dadas por coller as festas tarde e que por iso o custo era moito máis alto, pois ben xa se levan collendo tarde nos derradeiros anos e iso non influe no prezo nen na calidade.
• Dos anos anteriores a este a diferenza de custo é duns 20.000 € (18.000 € en total no 2006 / 38.000 € no 2007).
• Cando a actual Alcaldesa formaba parte do goberno anterior para que o Concello puxese 5.000 ou 6.000 € (12.000 € de donativos e 6.000 € do Concello no 2006 que suman 18.000 €) poñía o grito no ceo, parecíalle un derroche. Agora non lle importa que o Concello aporte 26.000 €.
• O programa de festas deste ano é un calco exacto de anos anteriores por moito que se empeñen en dicir que foron moito mellores. E senón que expliquen as diferenzas:
• As orquestras eran da categoría de anos pasados, é máis, algunha xa estivera en festas anteriores.
• O alumeado igual ca outros anos podendo ser, en todo caso, que aumentase un par de arcos; pero sen grandes diferenzas.
• Os fogos igual que todos os anos, a traca para a procesión e algún foguete que outro no resto do día.
• A festa infantil, un calco da festa do 2006, festa da escuma, hinchabeis e pouco máis.
• Unha banda de música para o domingo e unha charanga para o luns, actuación da Barcarola os dous días, o viño das autoridades e os pinchos dos rapaces da procesión, etc.

Despois desta breve, pero precisa, exposición do que foron as Festas do Carme 2007, cal é a diferenza cas de anos anteriores para que aos veciños deste pobo nos supoña un gasto extra de 26.000 €. Despois de darlle moitas voltas, sí encontramos algo distinto: este ano para recordarnos tempos pasados saíron as mantillas á rúa, pero queremos supoñer que iso non é o motivo dos 20.000 € de diferenza de custo dun ano a outro.

lunes, 10 de marzo de 2008

Preguntas e rogos pleno de novembro 2007

1) Si se escusou a un concelleiro non adscrito por non asistir á visita á Finsa por motivos de traballo, debería constar tamén nos medios de comunicación a non asitencia de concelleiros do BNG porque tamén excusaron a súa falta e non figurar únicamente como que non asistiron.

2) Que continúa certo malestar pola ausencia de taxistas na parada e que si non vai a ser utilizada que se limite máis a zona de reserva.

3) Se lle roga que os escritos que vaian dirixidos á alcaldía e sexan de particulares non saian nos medios de comunicación, pois iso molesta aos veciños que presentan os escritos.

4) ¿Algunha entrega de alimentos foron levados aos domicilios en vehículos municipais?. Parece ser que sí polo que se roga que se se leva a algún se leve tamén aos demáis.

5) Cando teñen pensado apresentar o proxecto de orzamentos de 2007, pois no último pleno o Sr. Randulfe manifestou que os orzamentos do 2007 se presentarían en outubro e antes de rematar o ano presentaríanse os de 2008, pero xa estamos prácticamente en decembro e nin un ni o outro?

6) ¿Quen ostenta as competencais sobre tráfico?

7) ¿Ten coñecemento a Sra. Alcaldesa de carreiras clandestinas que din se producen no pobo e quen intervén?

8) A alcaldesa dí que sí, que as hai, e Sabariz di que non, haber se se poñen de acordo, pois non se pode acudir lixeiramente ao medios de comunicación co obxectivo de acadar protagonismo sen pensar no daño que se lle pode facer ao pobo, e ao noso entender se lle fixo.
A noticia de que en Pontecesures existen carreiras clandestinas enviaronas vostedes á prensa: Titular da Voz de Galicia do 5 de novembro “Pontecesures volvió a vivir una noche de carreras clandestinas en el casco urbano”
Titular do 12 de novembro: “Cesures, supuesta capital arousana de las carreras de madrugada”
Esta noticia trascendeu a nivel comarcal e nacional tendo alcance a toda Galicia e a Garda Civil comprobou que de carreiras clandestinas nada de nada que o únco que había eran dous ou tres rapaces que se adicaban a facer derrapes ou aceleróns, como en calquera outro sitio, non deixando de ser “carallladas” de chavales.
É certo que deben tratar de frenarse para que non vaian a máis e que está ben que interveña a Garda Civil para esto.
Rogase que no futuro, neste asunto e noutros parecidos, a acaldesa acuda á Garda Civil ou ao Subdelegado do Goberno presentando denuncia dos feitos e pedindo a intervencón da mesma, sin crear titulares de prensa nin xenerar alarma social innecesaria e non facendo o que fixo concelleiro non adscito (nin de tráfico) que o único que quere e saír nos periódicos.
Este concelleiro xa antes das eleccións sacou una nota de prensa dicindo pouco máis ou menos que Pontecesures era un pobo cun alto índice de delincuencia e agora fai que se trate e se fale de Pontecesures nada menos que como a capital arousana das carreiras clandestinas, danando dunha forma importante a imaxe do pobo e poñendo en perigo negocios como os da hostalería.

9) Pídese que os bandos non se coloquen nas farolas nin nas árbores pois non se considera normal dado que hai outros sitios millores.

10) ¿Porqué non se retira un vehículo que está abandonado na rúa Estación dende hai bastante tempo?

11) ¿Cando se van dar a contas definitivas das festas do Carme?

12) ¿De quen foi a idea de mutilar uunha guía turística do concello arrancando dúas páxinas, concretamente as páxinas nas que aparece o saúdo do Sr. Alcalde? ¿Quen mutilou a guía “colgada” na páxina web oficial do concello?

Preguntas e rogos pleno setembro 2007

1) Que se aumentou a zona na parada de taxis a fin de que tiveran praza todos os taxistas (hai 5 ou máis licenzas) e entón deberían estar estacionados alí os taxistas, pero como moito só hai un, e en moitas ocasións ningún, e que se se publicitan os números de teléfono móvil do taxistas por todo o pobo o que se consegue e que xa non estean na parada, acadando o contrario do inicialmente pretendido. ¿Qué se pensa facer ao respecto?

2) En qué situación está a ampliación de muros na obra do Xacobeo en San Xulián, pois este asunto está tardando moito en resolverse?

3) Creemos que se despidíu a una traballadora da limpeza por motivos políticos . Se non foi así, ¿cal foi o motivo dese despedimento?

4) Parece ser que hai máis persoal ameazado de despedimento. ¿E iso así?

5) ¿O despedimento acordouse por unanimidade ou de quen parteu a proposta de despedimento da traballadora?

6) ¿Por qué non hai ningún delegado sindical nas mesas de contratación de persoal?

7) Despois do tempo transcorrido desde que se celebraron as festas do Carme, solicítase una copia detallada das contas da devandita festa.

8) Pídese que se arranxen os numerosos puntos de luz que hai polo pobo que non alumean desde mediados do verán así como outros que fallan.

9) Qué tipo de tubo se empregou e por qué se cambiou a canle no regato da rúa Rosalía de Castro pois os veciños da zona están preocupados e teñen medo que cando veñan as choivas se lle inunden os garaxes.

10) ¿Cando teñen pensado presentar o proxecto de orzamentos de 2007, dado que agora o equipo de goberno ten maioría?

sábado, 8 de marzo de 2008

Mal funcionamento tesourería

8 de marzo de 2008
Numerosos usuarios da gardería municipal achéganse ao BNG para dar as queixas no tocante a acumulación de recibos. Estanse a pasar nestes días recibos atrasados de más de 5 meses para o seu pago. Para o BNG esto é inaudito danando gravemente a imaxe da escola infantil municipal e ao memso tempo causando un importante prexuízo económico aos usuarios.
O BNG non entende como é posible que tendo o concello un concelleiro liberado (que ocupa o líder do Partido Popular Rafael Randulfe) e que se adica á tesourería pasen estas cousas. Parécenos moi grave e irresponsbel que o goberno municipal teña a tesourería neste estado de abandono, preocupándose máis polas facturas da lexislatura anterior.
Asamblea Local do BNG

Pintadas no pobo


8 de marzo de 2008
O BNG de Pontecesures quere condenar enérxicamente a aparición das pintadas no concello nos últimos días, en en especial as pintadas no patrimonio do concello. Estas pintadas están a danar edificios tan históricos como a biblioteca pública Vicente Moure. É lamentabel que haxa xente no noso pobo que non se decate do dano que está a acometer no patrimonio de todos os veciños.
Por outra banda o BNG estima que as declaración nos medios vertidas pola alcaldesa Maribel Castro, nas cales di que “me alegro de las pintadas porque así me conocen más los vecinos”, non axudan nada a resolver o problema senón todo o contrario.
O BNG cree que estas declaración demostran una vez máis a prepotencia e grave irresponsabilidade da primeira edil.
Asamblea local

viernes, 7 de marzo de 2008

Photoshop para el niño y la niña

28 de noviembre de 2007

Photoshop para el niño y la niña. Por Serxio González. La Voz de Galicia

Querido alcalde munícipe amigo, se acabaron sus preocupaciones. Todo el mundo tiene un pasado, no digamos un Concello entero. Y es duro comprobar que la gente todavía recuerda a los ingratos personajes que ocuparon el cargo en períodos pretéritos, calentando el sillón de forma molesta y, por qué no decirlo, completamente inadecuada, ineficaz y aburrida. Usted que acaba de subirse a la parra, es distinto. Dinámico, interesante, lleno de iniciativas y buenas intenciones que distribuir generosamente entre sus convecinos. Pero, claro, ahí continúa esa sombra nefanda, alargada como un día sin pan. ¿Quiere solventar tan inquietante inconveniente de una vez por todas? ¿está dispuesto a emprender una nueva era, abandonando los caducos símbolos de un pasado aciago? No problem. Siéntese frente al ordenador, o mejor, haga que se siente uno de sus subordinados. Que encienda el Photoshop y comience a eliminar de todo cuanto papel oficial caiga en sus manos la efigie del incómodo predecesor o predecesora. A Rivera Mallo le tocó caerse de la foto en un capítulo todavía no aclarado. A Angueira le acaba de suceder lo propio. Sin desmayo. Es la guerra.

jueves, 6 de marzo de 2008

Contra a agrupación das secretarías dos xulgados de paz de Valga e Pontecesures

Margarita Carolina García Castro, voceira do Grupo Municipal do BNG de Pontecesures apresenta a seguinte moción para ser tratada na Sesión Plenaria do día 26 de novembro de 2007.
Antecedentes
Sendo coñecedor este grupo municipal da intención da Consellería de Presidencia, Administración Públicas e Xustiza de agrupar as secretarías dos xulgados de paz dos concellos de menos de 7.000 habitantes, e que desta agrupación resultaría un xulgado único para Pontecesures e Valga, ten que manifestar o seguinte:
Considerando que Pontecesures ten a densidade, con moito, máis alta da comarca, e una situación xeográficamente estratéxica, en canto a comunicacións e servizos debe dispor dun xulgado de paz propio (como ata o de agora)
A posibilidade de que o xulgado de paz se desprace a Valga non só perxudicaría aos cidadáns cesureños senón tamén aos de Valga, aos que, en moitos casos, lles suporía un desprazamento maior debido á dispersión xeográfica do concello veciño.
A gran cantidade de servizos do sector terciario que se ubican no casco urbán do noso pobo, fai máis convinte que o xulgado de paz quede en Pontecesures, podendo, deste xeito, os veciños solventar varias xestións nunha mesma mañán.
Actualmente a carga de traballo do xulgado de paz de Pontecesures ten un volumen tal, que xustifica con creces a súa permanencia, ou en todo caso que se centralice o xulgado de paz único en Pontecesures.
O argumento do número de habitantes da Consellería parécenos pouco realista, xa que hai que analizar outros aspectos como os descritos anteriormente: densidade de poboación, dispersión xeográfica, comunicación e servizos..etc.
Polo exposto, o Grupo Municipal do BNG, solicita do Pleno da Corporación Municipal a adopción do seguinte
ACORDO
1. Solicitar da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a continuidade da Secretaría do xulgado de Paz en Pontecesures.

2. Asemesmo, solicitar unha entrevista co Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para tratar este asunto, na que estean representados membros de todos os partidos políticos de Pontecesures (BNG, PP, IP e PSOE)


3. Remitir certificación do presente acordó á mesma Consellería.

Pontecesures a 27 de outubro de 2007

martes, 4 de marzo de 2008

Subvención ao Club Náutico

O BNG de Pontecesures lamenta que nos orzamentos municipais de 2007 se lle retire parte dunha subvención que viña percibindo o Club Náutico en orzamentos de anos anteriores.

Se lle retiran 1500 € a esta entidade deportiva, con respecto a anos anteriores, cando é de todos coñecido que as actividades levadas a cabo por esta entidade supoñen uns gastos adicionais que non soportan outras (compra e reparación de embarcacións, chalecos, palas,etc)

Para o BNG se trata, non dunha equiparación con outros clubes deportivos do pobo, senón dun “castigo” a esta entidade. Somos partidarios que non se reduzan as subvencións que se viñan dando, e en calquera caso que se lle incremente ás outras entidades deportivas se o que se pretende é un reparto “equitativo”.

Escoria Política

17/Jun/2007
Escoria política
Artigo de opinióm de Serxio González na Voz de Galicia

SI SABARIZ, Randulfe y Castro, los tres mosqueteros de Pontecesures, hubiesen negociado un acuerdo y llegado con él a la sesión de investidura, el número uno del PSOE tendría un problema con el partido que le vino a llamar a casa, pero absoluta legitimidad para articular una alternativa al BNG de Angueira. Lo que hizo ayer, sin embargo, convierte su acción política en pura y simple escoria. En Cesures funciona un ego desmedido, el de la nueva alcaldesa, que no tiene empacho en aferrar el bastón de mando pese a los magros 205 votos que cosechó en las urnas. Funciona también un PP irresponsable, consagrado a desplazar al Bloque a cualquier precio. A ellos, no obstante, nada los ataba más allá de su propia conciencia. Lo de Sabariz es de otro mundo. Pudo salir honradamente del paso votándose a sí mismo o absteniéndose, pero prefirió arrastrar al pozo negro su credibilidad y comprometer la de las siglas que lo cobijaron temerariamente. No hay aquí proyectos, sólo ambición, rencor y obsesiones patológicas. Bonitas herramientas de gobierno, compañeiros.

sábado, 1 de marzo de 2008

Sabariz xa enchufou no concello á súa cuñada

A Asamblea Local do BNG de Pontecesures denuncia a hipocresía do goberno tripartito en relación ás últimas contratacións de persoal no concello.

Vemos claramente as prebendas do pacto de goberno do 16 de xuño, por unha banda o salario que se autoatribuiron a alcaldesa e o responsable do PP e faltaba a contrapartida ao Sr. Sabariz e así na contratación do 27 de setembro de 2007 dun/dunha conserxe se contrata a unha familiar directa do mesmo ( a súa cuñada), quen nin siquera vive en Pontecesures.

O BNG pregúntase ¿acaso non hai xente neste pobo tan preparada e máis necesitada para este posto, que temos que ir a buscar ao veciño concello de Padrón á cuñada deste señor?

Nos sorprende que despois da oposición enfermiza do Sr. Sabariz no derradeiro ano e medio con respecto, sobre todo, ás contratacións, teña a caradura e desfachatez de “enchufar” á súa cuñada.

Durante os oito anos de mandato do BNG, cantos familiares directos de concelleiros do BNG entraron a traballar no concello? A resposta é CERO. Si entrou, sen embargo, esta mesma cuñada de Sabariz.

Dedúcese pois que Sabariz utiliza aos seus socios de goberno para colocar aos seus familiares e se amparam en tribunais de selección para xustificarse e falar de transparencia.

Agora SI que neste concello existe o nepotismo, e o clientelismo

Consello Local do BNG de Pontecesures

Eliminación da tarifa nocturna

Dende o nao 1983 estabeleceuse, no Estado Español, a denominada Tarifa Eléctrica 2.0N (coñecida como Tarifa Nocturna). Esta tarifa baséase na filosofía de primar o consumo nas horas nocturnas, onde a potencia consumida no conxunto do sistema eléctrico é menor.
Esta tarifa ten un desconto do 55% nas horas nocturnas e un recargo do 3% nas horas centrais do día, e favorece o consumo de determinados electrodomésticos, como son acumuladores, lavadoras, lavalouzas, quentadores de auga, etc, que se poden usar de noite.
A tarifa nocturna busca un consumo enerxético máis responsabel e solidario, e obrigou a instalación nos fogares de determinados equipamentos, cun elevado custe de investimento, como foron os acumuladores eléctricos.
O termo de potencia contratada, que é un concepto fixo, na factura eléctrica, estímase en 5,3 Kw de media para os clientes desta tarifa.
Actualmente no Estado hai, aproximadamente, 1 millón de clientes desta tarifa, no caso de Galiza, debido á súa climatoloxía que obriga ao uso dun sistema de calefacción eficiente, temos uns 160.000 usuarios, é dicir, o 16% do conxunto do Estado.
A tarifa nocturna mantívose sen modificacións dende o ano 1983 até o ano 2006, no que xa non permitíu novas altas baixo esta tarifa, máis o cambio fundamental está en que “Os consumidores e consumidoras acollidos a esta tarifa nocturna, deberán comunicar á empresa distribuidora, antes do 1 de xullo de 2008, a nova tarifa á que desexen acollerse. Unha vez transcorrido o prazo, sen que o cliente solicite as novas condicións do contrato, a compañía distribuidora aplicará automáticamente outras tarifas de acordo coa potencia que tivesen contratada”
É dicir, a partires do 1 de xullo de 2008 desaparece a Tarifa nocturna.
Con este Real Decreto, obrígase aos clientes que teñen esta tarifa, a contratar una nova potencia, superior á que tiñan no consumo das horas punta e a un incremento do prezo sobre o consumo que tiñan nas hotas punta, xa que pasan dun recargo do 3% a un 35%. En conxunto o incremento que poden padecer na factura eléctrica pode chegar ao 49%.
Na nova Orde de Tarifas Eléctricas existe a nova Tarifa de Discriminación Horaria, mais, para acollerse a esta nova tarifa, os usuarios da Tarifa Nocturna, deben asumir íntegramente os custes do cambio, que son cantidades importantes e que están estimadas entre 400 e 500 €uros por cliente. Uns 200 €uros se gastarán no cambio de limitadores de potencia e outros 200 ou 300 €uros, na adpatación dos sistemas de calefacción, que deberán cambiar as actuais resistencias por outras de menor potencia, ou ben, establecer dous circuitos de calefacción independentes entre sí.
Asemesmo, una vez realizadas as modificacións precisas, na nova Tarifa de Discriminación Horaria, haberá que pagar por un maior incremento da potencia contratada, que é una parte fixa da factura eléctrica. Isto terá un efecto negativo en Galiza , pois haberá que contratar una potencia que se emprega fundamentalmente no inverno (polos acumuladores eléctricos), e se continúa pagando logo na primavera e no verán, cando non se necesita tanta potencia, e isto coa Tarifa Nocturna non pasaba.
Como vemos, esta nova regulación das tarifas eléctricas, vai supor un importante gasto nas economías familiares, se temos en conta a media salarial e de pensións en Galiza. Asemade o Goberno do Estado non contempla, na nova regulación, ninguna medida de compensación, nin reparte cargas entre os usuarios e empresas distribuidoras que, en definitiva, serán as grandes beneficiadas.
Por este motivo, o grupo municipal do BNG solicita a aprobación polo Pleno da Corporación do seguinte
ACORDO
Instar á Xunta de Galicia a que demande do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, o mantemento dunha tarifa con características semellantes á nocturna e a gratuidade do cambio de limitadores, así como a creación de liñas de subvención para os custes de adaptación dos equipamentos das vivendas dos usuarios de Tarifa Nocturna que desexen acollerse á Tarifa con Descriminación Horaria.

Pontecesures a 25 de xaneiro de 2008

Mutilación da guía turística


O BNG de Pontecesures quere denunciar uns feitos que, a noso parecer, son moi graves xa que afectan a unha publicación que editou o concello no mes de abril.

Estos días pasados tivemos coñecemento de que a guía turística de Pontecesures foi mutilada adrede polo equipo de goberno do concello de Pontecesures..

Ollando as guias que están nas oficinas municipais (un bo lote) detectamos que as páxinas 4 e 5 da guía foron eliminadas físicamente. Curiosamente trátase da páxina na que está a fotografía do exAlcalde Alvarez Angueira.

Esta páxina foi cortada de forma coidadosa donde apenas se percibe o corte, posiblemente feito cun “cuter”.

Ao BNG cónstanos que esta orde foi dada pola alcaldesa Maribel Castro e ante traballadores do concello.

Por si esto fose pouco, na páxina web oficial do concello, dende onde se pode “descargar” a guía turística, para visualízala a través de internet, ou incluso imprimila, tamén aquí foi mutilada a páxina onde aparece a fotografía do exAlcalde co seu saúdo, substituíuse polo da actual alcaldesa e outro discurso distinto, non coincidindo así a guía descargada coa realmente editada, cunha intención, non só de manipular senón tamén de darlle protagonismo á Alcaldesa que non era tal no momento de editasrse a guía.

Tanto a guía turística de Pontecesures como a páxina web ofical do concello foron subvencionadas pola Dirección Xeral de Turismo, organismo ao que poñeremos en coñcemento esta barbaridade cometida polo equipo gobernante de Pontecesures.

Tamén nos consta que foi a Sra. Alcaldesa quen deu a orde de modificar a guía “colgada” na páxina web ofical do concello.

O BNG exíse explicacións deste tipo de comportamentos que teñen unha clara intención de “eliminar” todo aquillo que fose feito polo equipo de goberno anterior, sen ter reparos en cortar follas dunha publicación na que aparece a fotografía do anterior Alcalde.

Preguntamos tamén se os membros do goberno, PP e os non adscritos, eran coñecedores destas mutilacións. Si o eran, ¿Por qué calaron? Ou si eran cómplices activos das ordes da Alcaldesa.

Resulta moi decepcionante que un goberno municipal actúe censurando, cortando, eliminado cousas que fixeron os anteriores. Isto é moi burdo e zafio, propio de ignorantes e propio tamén de tempos onde o que non é do réxime queimase.

O goberno do BNG sempre foi respetuoso coas publicacións de alcaldes anteriores, como no caso do libre “Historia de Pontecesures” de José Piñeiro Ares, que tamén tiña fotografía do Alcalde naquel momento. O BNG nos oito anos de goberno fixo difusión deste libro como patrimonio do concello por ser referente do coñecemento do noso pobo.

Podemos entender que a Sra. Alcaldesa estea obsesionada co ex alcalde pero non ata o extremo de facer este tipo de barbaridades o que demostra o pouco talante e o pouco nivel de formación.
Powered By Blogger